Os barrios da cidade contarán cun "universo de fantasías" de Nadal
Por Redacción
A Concellería de Promoción Económica e Turismo, a través da plataforma #PonteLovers, avanzou que nos próximos días procederá a instalar un "universio de fantasías de Nadal" en diferentes barrios de Pontevedra.
En concreto está previsto despregar elementos decorativos pensados para que os máis pequenos se mergullen no espírito do Nadal.
As zonas escollidas para tal despregamento son Monte Porreiro, o Parque Amalia Álvarez, Os Salgueiriños, A Parda e a zona vella da cidade.
A intención é que "a ilusión, a imaxinación e as luces do Nadal non queden unicamente no centro urbano, senón que se estendan por outros puntos da cidade e do municipio", sinala a concelleira responsable, Yoya Blanco.
Así, no parque da Praza de Europa de Monte Porreiro instalaranse dous cogomelos de gran tamaño, catro conos piñeiro-abeto de 3 e 2 metros de altura con iluminación, e outras pezas iluminadas tanto interior como exteriormente.
No Parque de Amalia Álvarez despregarase un poboado de elfos con tres casas infantís iluminadas, valos de madeira, céspede artificial e 'attrezzo' para debuxar os camiños do poboado.
Pola súa banda na Praza do Marqués de Aranda instalarase a figura dun reno humanizado, flanqueado por árbores iluminadas, e no Parque Damián, no barrio da Parda, poderá atoparse un xogo de barco de resina de tres por tres metros, con iluminación e acompañado de áncoras como complemento decorativo.
Por último a Praza da Cítara, nas inmediacións dos Salgueiriños, contará cun xogo de globos totalmente iluminados e a figura dun gnomo con carapucha de Papá Noel.
Relacionadas:
-
Ante a falta de iluminación de Nadal na rúa, tres portais de Camposanto únense para ofrecer unha imaxe alegre nestas festas
Por Redacción |
-
Un mercado con sabor a Nadal
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Mercado de Abastos transfórmase nunha pasarela de moda
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Decorar os escaparates de Nadal ten premio en Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Decorados de fantasía en prazas e parques para promover o movemento económico nestas festas
Por Redacción |
-
As luces festivas xa iluminan Pontevedra porque hai máis motivos que nunca para celebrar o Nadal
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Así é a postal de Nadal que propón Pontevedra
Por Alejandro Espiño |