As luces festivas xa iluminan Pontevedra porque hai máis motivos que nunca para celebrar o Nadal
Por Mónica Patxot & Redacción
Ás 18.30 horas deste venres 4 de decembro iluminábanse os adornos da cidade de Pontevedra instalados con motivo da campaña do Nadal. 81 rúas contan estas festas con iluminación, máis que en calquera celebración anterior, e haberá tamén máis motivos decorativos que nunca, segundo anuncian desde o goberno local.
Na praza da Ferrería e en Méndez Núñez atópanse instaladas as tradicionais árbores desta festividade, pero este ano tamén se atopa iluminada a araucaria maxestosa de 27 metros de altura que se atopa na entrada da Alameda, que se une ás árbores instaladas na praza de San Xosé, en Eduardo Pondal, Casa do concello, Pazo da Cultura, A Parda e Michelena 30.
As bólas xigantes sitúanse en Daniel da Sota e tamén na praza da Audiencia. Ademais, como grandes novidades, atópase instalada unha campá xigante en Barcelos e bólas do Nadal na praza do Hospital e en Monte Porreiro. Refórzase tamén a iluminación en todo o centro histórico coa intención de fomentar a actividade comercial. Desta forma, creouse un manto de luces na praza de Méndez Núñez e na praza da Leña.
O aceso da iluminación estivo acompañado por Pablo Méndez Performance con ambientación de fadas máxicas e marionetas de Nadal, que percorreu o centro histórico animando aos paseantes.
O vindeiro xoves 10 de decembro continuará a programación festiva cunha sorpresa na contorna do Pazo da Cultura e o sábado 12 chegará a animación de rúa da man de Nelso Quinteiro con Vos Apalpadoriños, para dar paso en sesión matinal e de tarde da Charanga Mil9, que percorrerá Barcelos, Santa Clara, o centro histórico, Rosalía de Castro e Campolongo.
Relacionadas:
-
Ante a falta de iluminación de Nadal na rúa, tres portais de Camposanto únense para ofrecer unha imaxe alegre nestas festas
Por Redacción |
-
Nin en Vigo nin en Nova York: o Nadal está en Monte Porreiro
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Decorar os escaparates de Nadal ten premio en Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Pazo provincial loce unha "carballeira máxica"
Por Redacción |
-
Os barrios da cidade contarán cun "universo de fantasías" de Nadal
Por Redacción |
-
Así é a postal de Nadal que propón Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
"Nadal saudoso e que veña mellor 2021", a felicitación que a memoria de Filgueira Valverde transmite na mostra 'Nadais'
Por Redacción |
-
Os Reis Magos xuntan máis cómplices que nunca e recadan 400 agasallos
Por Redacción |
-
Pontevedra súmase ao "bloqueo" a Amazon e pide mercar no comercio local
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra terá un "poboado de Nadal" na Ferrería cun mercado típico de Nadal
Por Alejandro Espiño |
-
A araucaria de 30 metros da Alameda volve iluminar o Nadal pontevedrés como hai tres décadas
Por Mónica Patxot & Redacción |