Ante a falta de iluminación de Nadal na rúa, tres portais de Camposanto únense para ofrecer unha imaxe alegre nestas festas
Por Redacción
A rúa Camposanto, na zona da Parda, carece de decoración e iluminación de Nadal. As persoas residentes nesta zona sinalan que o Concello nunca iluminou esta vía nestas datas.
Ante esta situación e nun ano marcado por tantas restricións, varias familias dos edificios número 38, 40 e 42 decidiron levar a cabo unha iniciativa de decoración conxunta para ofrecer algo máis de alegría á rúa e, ao mesmo tempo, ilusionar aos máis pequenos destas vivendas.
A través de mensaxes de whatsapp, a veciñanza púxose de acordo en levar a cabo unha decoración dos tres portais con material feito a man e con elementos decorativos que atopasen pola casa.
Desta forma, instalaron árbores de Nadal, decoraron as caixas de correos, encheron os espazos con estrelas e ata montaron un boneco de neve, coa idea de desexar que o 2021 sexa un mellor ano para todos e que achegue algúns elementos de iluminación do Nadal nesta contorna.
Relacionadas:
-
Decorados de fantasía en prazas e parques para promover o movemento económico nestas festas
Por Redacción |
-
Os barrios da cidade contarán cun "universo de fantasías" de Nadal
Por Redacción |
-
As luces festivas xa iluminan Pontevedra porque hai máis motivos que nunca para celebrar o Nadal
Por Mónica Patxot & Redacción |