O Mercado de Abastos transfórmase nunha pasarela de moda
Por Mónica Patxot & Redacción
O Mercado de Abastos transfórmase nunha pasarela de moda acollendo este xoves os primeiros desfiles do evento PonteModa Nadal.
A actividade, organizada pola firma Mividaentretelas Kids & Models, celebrouse no primeiro andar da Praza, e foi retransmitida en streaming a través das redes sociais de #PonteLovers e Pontevédrate e da canle de Youtube do Concello.
Ademáis dos desfiles houbo entrevistas a diversos establecementos comerciais e empresas de Pontevedra.
O evento continuará ata o domingo 13 de decembro, en horario de mañá (de 12:00 a 14:00 horas) para as entrevistas e de tarde (de 19:00 a 22:00 horas) para os desfiles de moda e exhibicións.
Raquel Gamallo, profesora de pasarela, organizadora de eventos e ‘fashion blogger’ (creadora do blog Mividaentretelas), dirixe PonteModa Nadal e encárgase de facer as entrevistas.
Estes primeiros desfiles estiveron protagonizados polas firmas Mepiachi e Lagasca e a deseñadora Patricia Canabal. Ademáis participarán outros negocios locais coma Madynovias, Magic of London, My Vintage Clothes, Alma Gemela, Acuario Modaponte, Marilyn Coquette, 4 Estaciones, Lady Rebel, Celebrities, Ma Petite e Emilio Iglesias, e a mercería Marina Navarro.
No que atinxe aos que pasarán polo Mercado de Abastos para seren entrevistados en relación á súa actividade, conforman a lista outra vintena de firmas e profesionais: Madreselva, Centro Capilar María José Pazos, Muchachicha, Neurat, Autolavado Mascotas Kala, Nuria Nerga Centro de Estética, Pombalia, Chico's Sport, Más Descanso, Masajes Pontevedra, Baby Shop, Eucagreen, A Balea das Cores, Dieta Coherente Nutrición, El Patio Kinder Bar, Floristería Peregrina, Olladas Centro Óptico e Aquelarre Tenda Esotérica, ademais de Getting Jiggy Dance e Fita Novas Escuela de Danza, que protagonizarán pequenos shows de danza, e o mago Pedro Volta, que fará un par de trucos en directo.
Relacionadas:
-
O mercado de Pontevedra oferta as 55 bancadas e nove casetas que están vacantes
Por Oskar Viéitez |
-
A gañadora da cesta de Nadal de 'E-Ponte.com' xa desfruta dos seus agasallos
Por Redacción |
-
Decorar os escaparates de Nadal ten premio en Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Decorados de fantasía en prazas e parques para promover o movemento económico nestas festas
Por Redacción |
-
Entregan os premios de escaparatismo do proxecto Nova Terra
Por Redacción |
-
Os barrios da cidade contarán cun "universo de fantasías" de Nadal
Por Redacción |