Carmela Silva di que os orzamentos da Xunta son "unha labazada na cara dos concellos"
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou este martes que os Orzamentos da Xunta para 2021 para a comarca de Pontevedra son "un compendio de partidas repetidas e arrastradas dende hai anos" e o valorou coma "unha labazada na cara dos concellos".
Silva subliñou que as contas presentadas polo Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo "só serven para evidenciar o incumprimento sistemático do Goberno galego".
Así, a mandataria socialista sinalou o "incumprimento récord de 11 anos" que supón a ampliación do Hospital Montecelo, "que Feijóo leva prometendo dende 2009", e engadiu outras "obras longamente postergadas" como o dragado da ría ou a variante de Alba e lamentou que as Contas para 2021 non traian "ningún compromiso novo ou ilusionante".
"O colmo xa é que se volve anunciar o saneamento da ría, cunha partida que, á parte de insuficiente, tamén é desas que vai peregrinando de ano en ano", dixo a presidenta da Deputación.
Silva cre que "o presidente da Xunta tenlle inquina aos concellos porque non goberna nas cidades, nin tampouco noutros moitos municipios, así que reduciu a colaboración co municipalismo a mínimos históricos".
A maiores Carmela Silva fixo unha valoración crítica sobre a perda de peso da Sanidade e a Educación nestes Orzamentos.
Relacionadas:
-
Carmela Silva denuncia "caciquismo" na Xunta: "todos os anuncios son para investimentos nos concellos do PP"
Por Natalia Puga |
-
O PSdeG emendará o "desfile das promesas incumpridas" dos Orzamentos da Xunta na comarca
Por Oskar Viéitez |
-
Gonzalo Caballero critica a "falla de proxecto para a recuperación" nos orzamentos da Xunta
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Concello de Poio lamenta que a Xunta deixe fóra dos orzamentos as súas demandas históricas
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG ve "profundamente decepcionantes" os orzamentos da Xunta para 2021
Por Alejandro Espiño |
-
O PP fala de orzamento "histórico" mentras que o PSOE reclama "máis compromiso" con Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Xunta reserva en 2021 case 19 millóns para sanear a ría e 13 millones para ampliar Montecelo
Por Alejandro Espiño |