Noventa comercios e entidades tinguirán Caldas de negro contra a violencia machista
Por Redacción
Máis de 90 establecementos comerciais e entidades sociais de Caldas de Reis xa se interesaron por participar na campaña 'En Negro Contra As Violencias', que un ano máis se porá en marcha no municipio, como en moitos outros concellos galegos, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se conmemora o próximo 25 de novembro.
A concelleira de Igualdade e Benestar Social, Inés Fuentes, avanzou este mércores que o Concello se sumará por quinto ano á campaña, que se organizará baixo o lema 'Caldas en negro contra as violencias' e vai dirixida a centros educativos, comercio e cidadanía en xeral.
Nesta edición contarase coa colaboración do Centro Comercial Aberto, coa Asociación de Profesionais da Praza de Abastos e coa Asociación da Hostalaría e eses 90 comercios e entidades xa solicitaron o material gráfico para tinguirse de negro.
O propósito é, precisamente, vestir de negro as tendas, as empresas, os bares, os postos do mercado, os balcóns e fiestras das vivendas do 20 ao 27 de novembro.
Os negocios e entidades interesadas en participar poden chamar ao 986 53 08 14 ou enviar un correo electrónico a igualdade@caldasdereis.com cos datos do establecemento (nome, telefono, enderezo e persoa de referencia) antes do 17 de novembro de 2020. Ademais, existe a opción de personalizar o material da campaña coa marca do local a través da web https://ennegrocontraasviolencias.gal/adhesion.
Inés Fuentes puxo en valor esta iniciativa da que dixo é, se cabe, "máis necesaria ca nunca" porque este ano no que a emerxencia sanitaria pola pandemia da covid-19 obrigou ao confinamento, "a vida de moitas mulleres fíxose aínda máis difícil".. Así o denunciou a Organización Mundial da Saúde (OMS), instando aos gobernos a tomar medidas urxentes de prevención para facilitar, deste xeito, a asistencia ás mulleres que se puideran atopar en situación de vulnerabilidade ou perigo.
Relacionadas:
-
Caldas programa un mes de actividades ao redor do Día Internacional da Muller
Por Redacción |
-
Pontevedra rexistra 1.095 casos activos de violencia de xénero
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A caravana morada escenifica en Caldas o rexeitamento comunitario á violencia machista
Por Redacción |
-
Caldas organiza un ciclo de oito talleres para combater a violencia machista e fomentar o empoderamento da muller
Por Redacción |