Podan as acacias da rúa Andrés Mellado e retiran unha árbore que ameazaba con derrubarse
Por Redacción
O servizo de Parques e Xardíns do Concello de Pontevedra concluíu este xoves os traballos de poda das ramas das acacias existentes na rúa Andrés Mellado, que incluíron a talla dunha árbore situada á altura do paso de peóns e as escaleiras que conectan con Augusto García Sánchez que estaba podre e supoñía un perigo para a cidadanía.
O concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, explica que "para levar a cabo esta intervención contouse con dous camións dotados de grúa para a poda en altura e unha máquina trituradora, de xeito que os restos se poidan aproveitar, ben como cama para tratamentos de zonas verdes, ben como material de compostaxe".
Doutra banda, esta concellería acaba de formalizar a contratación de obras de reparación das papeleiras da avenida de Uruguai, valoradas en 1.808 euros, así como dun servizo de limpeza e protección antigraffiti no barrio de Campolongo e outras zonas da cidade por valor de 3.500 euros.
Relacionadas:
-
O Concello inicia unha actuación de acondicionamento na senda fluvial do Lérez
Por Redacción |
-
Proxectan unha nova zona de xogos e un pequeno parque para cans dentro dun plan de mellora integral de Amalia Álvarez
Por Redacción |
-
Poda de seguridade das árbores da contorna da igrexa de Campolongo
Por Redacción |
-
A nova normalidade sáelle máis cara ao departamento de Parques e Xardíns
Por Redacción |
-
Máis zona de baño e novo balizamento para a praia fluvial do Lérez
Por Redacción |