Traballos de rexeneración e balizamento na praia fluvial do Lérez
© Concello de Pontevedra
Máis zona de baño e novo balizamento para a praia fluvial do Lérez
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/4ba/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ef61825b8-whatsapp-image-2020-06-26-at-13.50.04.jpeg)
© Concello de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/912/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ef6184439-whatsapp-image-2020-06-26-at-13.50.02.jpeg)
© Concello de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/fad/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5ef6187e34-whatsapp-image-2020-06-26-at-13.50.03-1-.jpeg)
© Concello de Pontevedra
A praia fluvial do río Lérez en Pontevedra estrea imaxe co inicio da tempada alta do verán.
A Concellería de Desenvolvemento Sostible investiu 50.000 euros en varias actuacións no areal, que se traducen na achega de 450 metros cúbicos de area e un novo balizamento que permitirá gañar uns metros extra na zona de baño cando baixe a marea.
"Reparáronse ou se substituíron as boias que se atopaban deterioradas e en malas condicións e gañouse zona de baño, xa que algunhas boias estaban practicamente sobre a area cando baixaba a altura do río", sinalou nunha visita ao lugar o edil Iván Puentes.
O paquete de actuacións inclúe ademais a contratación de socorristas, a instalación dun posto de vixilancia, unha mobilización de limpeza en profundidade con sega de herbas e a ampliación do servizo de desinfección e limpeza dos baños de dous a catro quendas.
En canto ao servizo de salvamento estará activo ata o 31 de agosto. Entre o 27 e o 30 de xuño haberá un socorrista de luns a domingo en horario de 12:30 a 20:30 horas, mentres que do 1 de xullo ao 31 de agosto prestarán xa servizo dous socorristas de luns a venres entre as 16:30 e as 20:30 horas e un de luns a domingo entre as 12:30 horas e as 16:30 horas.
Por último tanto o posto de socorrismo como a caseta destinada a cantina e baños foron obxecto dunha intervención decorativa baseada na campaña 'Verde Urbano', baixo a que se engloba toda a rede de espazos naturais, xardíns e parques da cidade.
Relacionadas:
-
A praia fluvial estreará o servizo de socorrismo o 1 de xullo
Por Redacción |
-
A boa calidade da auga da praia fluvial de Monte Porreiro volve situala no censo de zonas de baño de Galicia
Por Redacción |
-
Podan as acacias da rúa Andrés Mellado e retiran unha árbore que ameazaba con derrubarse
Por Redacción |
-
A do Lérez será "praia libre de fume" e contará con socorristas e balizamento a partir do sábado 27 de xuño
Por Oskar Viéitez |
-
Limpeza e desinfección da praia fluvial do Lérez para o paso á 'nova normalidade'
Por Redacción |