Cuntis pide aos cidadáns que consulten por teléfono antes de acudir ás oficinas municipais
Por Redacción
A situación actual da pandemia do coronavirus leva ao Concello de Cuntis a solicitar a todos os veciños que antes de acudir ás oficinas municipais para realizar calquera tipo de trámite ou xestión chamen ao teléfono 986 548 005 para, na medida do posible, resolver o seu tema sen ter que acudir ás dependencias públicas co fin de evitar a concentración de persoas no interior das instalacións.
Con esta medida, o Concello busca priorizar a atención non presencial tras a recente detección dun caso de covid-19 entre o persoal municipal. Dado que varios empregados deban gardar corentena, a capacidade de atención ao público está a verse limitada.
Así, o Concello solicita á cidadanía que acuda ás oficinas municipais de maneira persoal só se é estritamente imprescindible. Mentres tanto, para seguir dando resposta ás necesidades dos cuntienses, buscarase reforzar a atención telefónica e telemática.
En canto ao empregado municipal afectado por covid-19, desde o Concello infórmase que se seguiron todos os protocolos de seguridade ante a detección dun caso positivo, o que provocou que os contactos estreitos teñan que permanecer en corentena.
O Concello de Cuntis insiste en solicitar máxima responsabilidade e prudencia aos veciños e veciñas no seu día a día por mor do actual gromo que mantén o municipio en nivel 2 de alerta.
Relacionadas:
-
Cuntis impulsa un paquete de medidas para paliar os efectos da crise no comercio e a hostalería
Por Redacción |
-
Cuntis prolonga a suspensión de todas as actividades ata o 7 de decembro
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis suspende ate o 26 de outubro todas as actividades en instalacións públicas
Por Oskar Viéitez |
-
Apelan á "responsabilidade" cidadá ante o aumento de casos de covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
A Covid-19, por concellos: dos 0 casos de Cuntis aos 384 de Pontevedra
Por Natalia Puga |