Vinte novos positivos de covid-19 na área sanitaria, que se estabiliza en 469 casos activos e aumenta hospitalizados
Por Natalia Puga
A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantense este mércores coa mesma cifra de casos activos de covid-19 que o martes, un total de 469. Se se ten en conta que nas últimas 24 horas curáronse 19 pacientes e faleceu un, en total, detectáronse 20 novos contaxios.
Segundo o último balance oficial do Servizo Galego de Saúde, estes 20 novos positivos detectáronse nunha xornada na que hai cambios na presión asistencial derivada da covid-19, pois hai un hospitalizado máis que o martes.
En concreto, hai 17 pacientes ingresados na área sanitaria, un máis que o día anterior. Son tres pacientes na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, un menos que o martes, pero 14 ingresados en planta, dúas máis que o martes. En canto aos pacientes ingresados en planta de hospitalización, 12 están no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, ningún no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez Pontevedra e 2 no Hospital do Salnés.
A maiores, permanecen 452 casos con coronavirus evolucionando no seu domicilio.
Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 1.973 pacientes, 19 na última xornada, e faleceron 25 pacientes, o último un home de 62 anos ingresado en Montecelo que presentaba patoloxías previas.
Estes 20 novos positivos detectáronse nunha xornada na que se realizaron un total de 374 probas PCR’ s, que se engaden ás 52.033 xa efectuadas desde o inicio da pandemia. Son 68 máis que na xornada anterior, pero unha cifra moi inferior ás realizadas nas últimas semanas.
PONTEVEDRA, POIO E VILAGARCÍA, EN NIVEL 2
Por municipios, na última xornada rexistráronse cambios nos niveis de contaxios dos municipos da comarca. Así, segue xerando preocupación o nivel de contaxios rexistrados en tres localidades da área sanitaria, que se atopan en nivel de alerta 2 polo número de positivos detectados por PCR nos sete últimos días, pero esas localidades son diferentes ás do martes. Trátase de Pontevedra, con entre 48 e 96 casos; e Poio e Vilagarcía, con entre 14 e 21. Cae da listaxe Marín e entra Poio.
Marín pasa ao nivel 1, con entre 7 e 14 casos no últimos sete días. Ademais, están en nivel de alerta 1 Sanxenxo, Caldas de Reis, Cambados e Vilanova de Arousa.
DATOS LOCAIS
- Pontevedra ten este mércores 146 casos positivos, 32 menos que o martes.
- Poio ten este martes 23 casos activos, catro menos que o martes.
- Marin ten 37 casos activos, cinco menos que o marrtes, un positivo máis e 6 altas médicas. Hai 73 contactos en seguimento.
- Sanxenxo ten este mércores 16 casos activos, catro máis que o martes .
- Vilanova de Arousa sobe de 19 a 20 casos
- Vilagarcía: 38 persoas contaxiadas por covid-19. A cifra total reduciuse con respecto ao día anterior dos 43 a 38, ao rexistrase un só novo contaxio fronte ás 6 novas altas.
RESIDENCIAS DE MAIORES
A Xunta informa de que se manteñen dous casos positivos de covid en traballadores en residencias da terceira idade, un na Residencia Campolongo e outro na Residencia DomusVi de Ribadumia.
DATOS GALICIA
A nivel autonómico, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.601, 91 casos máis que o martes. Nas últimas 24 horas confirmáronse 254 positivos novos por probas PCR.
Do total de caso activos, 765 son da área da Coruña, 475 da de Lugo, 1.605 da de Ourense, 469 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 628 da de Santiago, e 147 da de Ferrol. Desta maneira, Pontevedra é a sexta área en número de casos activos.
Do total de pacientes positivos, 41 están en UCI, 218 en unidades de hospitalización e 4.342 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 22.277 persoas curadas, rexistrándose 797 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 560.887.
Relacionadas:
-
Cae ata os 401, 18 casos menos, o número de infectados por covid-19 na área de Pontevedra e O Salnés
Por Manu Otero |
-
A área sanitaria suma 17 novos positivos nun día mentres segue freando a curva con 419 casos activos
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
A área sanitaria rexistra 24 positivos por covid-19 máis nun día con apenas 306 PCR's
Por Natalia Puga |