Albóndegas ao vapor con atún Pescamar
Chegamos a unha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha receita para toda a familia: as albóndegas ao vapor. Nesta ocasión, Conservas Pescamar proponnos unha elaboración con atún.
O atún é un peixe con múltiples propiedades. Destaca a súa achega en proteínas, superior ao dalgunhas carnes. O seu alto contido en Omega-3 beneficia a saúde do corazón e regula os niveis de colesterol e triglicéridos. A estas importantes calidades, hai que engadir os beneficios da súa presentación en aceite de oliva, que ademais contribúe a potenciar o seu sabor.
Para preparar unhas deliciosas Albóndegas ao vapor con atún Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:
- 2 latas de Atún Claro en aceite de oliva Pescamar
- 1 chorro de viño branco
- 3 ovos
- Fariña
- Pan relado
Preparación:
Cocemos os ovos, deixámolos arrefriar e picámolos.
Nun bol, mesturamos ben o Atún Claro en aceite de oliva Pescamar, preciamente escoado e esmigallado, co viño branco, os ovos picados, o pan relado e a fariña. No caso de que quede a masa moi consistente, podemos engadir un chisco do aceite de oliva da lata de atún.
Facemos varias bólas ata esgotar toda a mestura.
Engadimos auga a unha pota compatible coa vaporeira, que colocaremos enriba cun papel de forno para evitar que se peguen as albóndegas. Colocamos as bólas separadas sobre a superficie, cubrimos cunha tapa e cociñamos durante 30 minutos.
Nuns días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.