Volven arder os montes da parroquia cuntiense de Cequeril
Por Oskar Viéitez
Este sábado volveron a arder os montes da parroquia cuntiense de Cequeril.
O lume iniciouse preto das casas do lugar de Vilar de Mato, e segundo o último informe da Consellería do Medio Rural, leva calcinadas 20 hectáreas.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, aprecia unha clara intencionalidade na orixe deste incendio pola pauta coa que se produciu, as lapas empezan polas tardes con varios focos localizados á beira das estradas para así os incendiarios ter fácil a fuxida.
Desde a Consellería do Medio Rural sinalaron que o incendio empezou ás 14,59 horas do sábado, e ás 19.30 horas afectaba a unha superficie dunhas 20 hectáreas, unha estimación provisional porque nese momento aínda seguía activo.
Para o seu control a Xunta mobilizou 1 técnico, 3 axentes, 15 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 5 avións.
Relacionadas:
-
Un raio provoca un incendio forestal na Illa de Ons
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Extinguido o incendio forestal de Augasantas, que afectou a 105 hectáreas
Por Redacción |
-
Controlado en pouco máis dunha hora o incendio entre Anceu e Barbudo
Por Redacción |
-
Preocupación por un incendio forestal en Cuntis próximo a un núcleo habitado
Por Oskar Viéitez |