Extinguido o incendio forestal de Augasantas, que afectou a 105 hectáreas
Por Redacción
Ás 22.10 horas da noite deste xoves 10 quedaba extinguido, segundo a Consellería do Medio Rural, o incendio rexistrado na parroquia de Aguasantas, no Concello de Cerdedo-Cotobade.
Este lume iniciábase na madrugada do luns e afectaba, segundo as medicións da Consellería, a unha superficie de 105 hectáreas: 80 rasas e 25 arboredas.
Para a extinción deste lume, que se reproduciu ao longo do xoves, foron necesarios un técnico, 17 axentes, 39 brigadas, 30 motobombas, 2 pas, 6 avións e 3 helicópteros.
Desde Medio Rural insisten en lembrar á cidadanía que alerten de calquera presenza de lume forestal a través do teléfono gratuíto 085. Ademais, sinalan que existe un teléfono anónimo e tamén gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa de carácter incendiario: 900.815.085
Relacionadas:
-
Cerdedo-Cotobade suma unha máquina de roza ao seu dispositivo de loita contra incendios
Por Redacción |
-
Un raio provoca un incendio forestal na Illa de Ons
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Volven arder os montes da parroquia cuntiense de Cequeril
Por Oskar Viéitez |
-
Un incendio forestal en Aguasantas arrasa 65 hectáreas de monte
Por Redacción & Oskar Viéitez |