A Deputación inaugura as remocicadas instalacións da CAAN cos mellores datos de adopcións ata a data
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra acaba de inaugurar as reformas que se realizaron na CAAN, Centro de Acollida e Protección de Animais, situado na Armenteira e que motivaron este mércores a visita da presidenta provincial, Carmela Silva.
Agora disponse dunha nova zona de maternidade, con estancias para as nais xestantes, con cachorros ou para estes con pouca idade. Esta área dispón de chan radiante, sistemas de ventilación, un deseño confortable e seguro, así como acceso directo a espazos ao aire libre. Espazo cuxos primeiros comprobantes foron 'Cuna',' Cunita' e 'Cuño', recolleitos hai uns días en Vilanova de Arousa; ' Casti' recolleito en Meis; así como 'Olla', nai de ' Olliño', ' Ollana' e ' Alsi', abandonados en Rodeiro.
Tamén se ampliou a área de hospitalización e dotouse a clínica dunha sala de raios x e un novo quirófano. Elimináronse as gaiolas da zona de corentena, deixando un espazo seguro, amplo e con ventilación e habilitouse un novo espazo de esparexemento. Para completar a actuación impermeabilizáronse diversas zonas e instalouse unha rede de drenaxe e saneamento e reformáronse varias xanelas para mellorar as aperturas.
Con todo iso conseguiuse "un cambio radical" en palabras de Carmela Silva "que converte ao CAAN en referencia en benestar dos cans e cadelas que alberga ata conseguir o obxectivo final da adopción. Precisamente os datos de adopción nos sete meses deste ano son os que mellores cifras dan ata o momento con 275 adopcións. Unha cifra que de seguir así podería chegar ao medio milleiro e superar o número alcanzado en 2019.
Vigo, Pontevedra, A Estrada e Sanxenxo son os municipios da provincia que ata a data máis adopcións formalizaron e Castela - León e Asturias as dúas Comunidades nas que maior número tamén se solicitaron. Do mesmo xeito que as adopcións, tamén o número de abandonos incrementouse este ano, de forma que levan recollidos ata 693 animais.
Na visita ás reformas realizadas, o veterinario xefe do CAAN, José Luis Pedreira, agradeceu o compromiso da Deputación e apuntou que "temos unha sociedade que abandona, pero tamén outra máis concienciada que cada día vemos co nivel de adopcións. O noso fin é sacar aos cans das rúas, que estean o menor tempo posible no Centro e buscarlles unha adopción definitiva para estean ben".
Relacionadas:
-
O CAAN súmase ao Día Mundial dos Animais cunha campaña de concienciación
Por Redacción |
-
Rescatan 28 cachorros de catro camadas nas últimas dúas semanas
Por Redacción |
-
Un verán con bo ritmo de adopcións no CAAN: 57 en xullo, 62 en xullo e 24 no que vai de agosto
Por Redacción |
-
'Os avós' do CAAN, Apro e Coqui, atopan un fogar despois de seis e catro anos no centro de acollida
Por Redacción |
-
'Pipa' e 'Comba', dúas "felices recuperacións" no CAAN tras ser operadas de urxencia en pleno estado de alarma
Por Redacción |
-
29 cans adoptados na primeira semana de reapertura do CAAN
Por Redacción |
-
Recollidos 23 cans das rúas durante o estado de alarma
Por Oskar Viéitez |