Un novo roubo de cable de cobre deixa sen teléfono e Internet veciños de Ponte Caldelas
Por Redacción
Un novo roubo de cable de cobre, o segundo nun mes e medio, deixou sen conexión telefónica e Internet algúns veciños de Ponte Caldelas.
Veciños da zona confirmaron que non quedaron sen servizo e dende a Garda Civil sinalaron que teñen constancia de que se produciu un roubo na noite do sábado 17 ao domingo 18 de agosto.
O roubo produciuse na parroquia de Vilarchán, pero afectou tamén aos residentes en Tourón. Nesta zona xa se denunciou outro roubo de cable de cobre hai un mes e medio.
Segundo fontes da Garda Civil, ninguén presentou aínda unha denuncia polo roubo, de modo que se descoñece canto cabre se substraeu e quen puido ser. Si que hai constancia de que se produciu en Vilarchán, nunha zona próxima á da última denuncia.