Poio contratará seis socorristas para as praias de Cabeceira e Xiorto

Por Redacción
O Concello de Poio publicou na súa páxina web a lista provisional de persoas que foron admitidas para a selección do servizo de socorristas que realizarán as súas funcións nas praias de Cabeceira, en Lourido, e en Xiorto, na parroquia de Raxó durante este verán. Establécese un prazo de dous días hábiles para presentar reclamacións.
A intención do goberno local é tramitar a contratación para que o servizo entre en funcionamento durante a última semana de xuño. Trátase dun contrato temporal, de tres meses de duración e a selección realizarase por un sistema de concurso, por quenda libre. A fase de concurso consistirá na avaliación dos méritos que presenten os aspirantes, atendendo a baremos como a formación académica supeiror á esixida para o posto convocado.
Unha vez finalizado o proceso incorporaranse a seis persoas que se atopen desempregadas, apuntadas no Servizo Público de Emprego, para atender calquera situación de emerxencia nestas dúas praias do municipio.
Desde o Concello indícase que os operarios municipais están a realizar desde as últimas semanas un traballo de limpeza dos areais coa intención de que estean dispoñibles para as persoas que acudan ás praias. O servizo reforzouse desde que o proceso de desescalada, dentro do Estado de Alarma, permitiu o acceso ás praias e ao baño.
Relacionadas:
-
Mogor acollerá as probas de selección de socorristas e patróns de embarcacións para a tempada estival
Por Redacción |
-
A Xunta destina 165.700 euros para contratar 55 socorristas nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas
Por Redacción |
-
A metade das bandeiras azuis en Galicia ondearán en praias de Pontevedra
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Poio inicia o procedemento para a contratación de oito brigadistas para a prevención de lumes forestais
Por Redacción |
-
Os socorristas advirten do risco de que algún Concello quede sen vixiantes nas súas praias este verán
Por Manu Otero |