Avigal doa 7 toneladas de polo a Cáritas
Por Redacción
A empresa Avigal, con sede en Campañó e dedicada á cría, sacrificio, despezamento e distribución de polo, doa máis de 7 toneladas de produto avícola conxelado a Cáritas para contribuír a paliar as consecuencias da Covid-19. Para facilitar os labores organizativos e de almacenaxe da oenegué, a compañía doará 900 kg de cuartos traseiros de polo ao mes ata finais de ano.
Non é o primeiro acto deste tipo que realiza a firma, logo do decreto de Estado de Alarma entregou 600 fundas dun só uso e 1.200 luvas de látex sanitario ao Sergas de Pontevedra.
A intención da compañía á hora de realizar este tipo de accións é contribuír a paliar a crise sanitaria e social provocada polo coronavirus. Desde o inicio da pandemia, Avigal extremou todas as medidas e protocolos de seguridade alimentaria e laboral de todos os seus profesionais para garantir a subministración de alimentos.
Relacionadas:
-
Pazo de Pías: o polo de crecemento lento con máis aceptación de Galicia
Por Noticia patrocinada |
-
Concello e Afundación proporcionarán ata 170 menús diarios a menores de Pontevedra en situación vulnerable
Por Redacción |
-
O PP local inicia unha campaña de recollida de comida para colaborar co Banco de Alimentos
Por Redacción |
-
A Operación Quilo online do Banco de Alimentos recada máis de 80.000 quilos nun mes
Por Redacción |
-
Recadan máis de 1.000 quilos de alimentos nunha recollida solidaria organizada na Sala Karma
Por Diego Torrado & Redacción |
-
E o aplauso das oito é para... o Banco de Alimentos que sostén a 700 persoas de Monte Porreiro
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |