Temperaturas por riba dos 30 graos para dar a benvida á fase 2 da desescalada
Por Diego Espiño
As Rías Baixas vivirán durante os próximos días, coincidindo coa entrada da provincia coa fase 2 da desescalada, as súas primeiras xornadas de calor extrema do ano, con temperaturas que superarán os 30 graos en Pontevedra.
A culpa tena a entrada dunha masa de aire cálido procedente do norte de África, o que segundo MeteoGalicia fará que as máximas sexan "moi altas con respecto ao habitual nesta época do ano".
As escenas de calor foron protagonistas xa este domingo 24 de maio, onde estaba previsto que o termómetro chegase á trintena de graos centígrados, pero a tendencia seguirá en aumento durante os primeiros días da semana chegando aos 35 de máxima que prognostica o servizo meteorolóxico para o mércores día 27.
Pola súa banda as temperaturas mínimas si serán normais para a época do ano, roldando os 13 graos.
Esta calor extrema chega xusto no momento no que, desde este luns, pódese volver gozar das praias non só para pasear, tal e como se explica na normativa da fase 2 de desescalada.
Ademais, como tendencia a medio prazo, MeteoGalicia sinala que o mes de maio despedirase en Galicia baixo o dominio das altas presións, o que se traducirá en ceos pouco nubrados ou despexados. Iso si, as temperautas en Pontevedra seguirán sendo calorosas pero tenderán a suavizarse lixeiramente co paso dos días ata os 25-26 graos que se esperan cara ao final de semana.
Relacionadas:
-
"Botábase máis de menos que nunca"
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |
-
Pontevedra pasa á fase 2 da desescalada a partir do luns
Por Natalia Puga |
-
Así será a fase 2 da desescalada: apertura de cinemas e teatros, gozar das praias e ata celebración de vodas
Por Diego Espiño |
-
Permitido o uso de piscinas e praias para a práctica deportiva na fase 2 de desescalada
Por Almu Dapena |