Un millón de euros para mellorar o firme en estradas de Vilanova, Vilagarcía, Caldas, Barro e Meis
Por Redacción
A Xunta de Galicia acaba de sacar a licitación por preto dun millón de euros obras de mellora de firme en cinco estradas autonómicas das comarcas do Salnés, Pontevedra e Umia co obxectivo de que os traballos poidan este mesmo ano 2020.
En concreto, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade actuará en varios tramos das estradas PO-301, PO-529, PO-530, PO-531 e V.G-4.7, ao seu paso polos concellos de Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Barro e Meis.
Segundo a información facilitada pola Xunta, este martes publicouse na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación das obras. As empresas interesadas na actuación, que terán un prazo de execución de 6 meses, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 25 de maio.
As obras a realizar consisten na rehabilitación do firme e a reposición da sinalización en varios treitos destas estradas.
Así, na PO-301, que comunica as localidades de Ponte Arnelas e Vilagarcía, os traballos centraranse en varios treitos. Na estrada PO-529, que conecta a estrada PO-549 coa VG-4.3, nas proximidades de Vilagarcía de Arousa, actuarase na glorieta de conexión coa PO-549, xunto cos seus ramais de acceso e os 211 primeiros metros do tronco.
No caso da PO-530, que une a estrada PO-549 coa VG-4.3, á altura da Illa de Arousa, a intervención centrarase en dous treitos. Na estrada PO-531, que conecta as localidades de Pontevedra e Vilagarcía, actuarase noutros dous treitos. Tamén se actuará na V.G-4.7, vía de alta capacidade que circunvala Vilagarcía polo este dende a glorieta do enlace coa PO-531 e a N-640 ata Carril.
Relacionadas:
-
Aberto o prazo de solicitude de subvencións para rehabilitar edificios e vivendas na ARI de Caldas de Reis
Por Redacción |
-
14 empresas aspiran a mellorar o firme de estradas autonómicas das comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas
Por Redacción |
-
Educación licita a rehabilitación do CEIP Xulio Camba de Vilanova de Arousa para comezar as obras no verán
Por Redacción |