14 empresas aspiran a mellorar o firme de estradas autonómicas das comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas
Por Redacción
Catorce empresas presentaron as súas ofertas para levar a cabo as obras de reparación do firme en diversas estradas autonómicas nas comarcas de Pontevedra, O Salnés e Caldas de Reis. Estes traballos contan cunha licitación dun millón de euros e afectarán os municipios de Pontevedra, Campo Lameiro, Barro, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Cambados, Caldas de Reis, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo e Poio.
Segundo auncian desde a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta estes traballos terán unha duración de catro meses e executaranse durante este 2020. Trátase de obras de reparación de tramos das estradas PO-223, PO-224, PO-300, PO-305, PO-308 e PO-309.
A intención é mellorar o firme naquelas zonas nas que a capa de rodadura presente deficiencias ou se atope erosionada. A Xunta indica que tamén se repoñerá a sinalización horizontal en diversos puntos co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e a comodidade na circulación por estas estradas.
Entre outros traballos está prevista a intervención na PO-308, Pontevedra-A Lanzada con diferentes actuacións de mellora nos puntos quilométricos 17+350 e 17+405, 18+332 e 19+000, 17+405 e 18+332, así como entre os puntos 17+350 e 19+000.
As obras afectarán tamén á estrada autonómica entre Pontevedra e Campo Lameiro; na que une Ponte Bora con San Antoniño; a de Mosteiro-Cambados e a que transcorre entre Saiar e Vilagarcía, así como na PO-308 na súa unión coa AP-9 no municipio de Poio.
Relacionadas:
-
O Concello de Caldas limpa a contorna das igrexas rurais coincidindo coa celebración das festas patronais
Por Redacción |
-
Un millón de euros para mellorar o firme en estradas de Vilanova, Vilagarcía, Caldas, Barro e Meis
Por Redacción |
-
A Xunta destina un millón de euros para a reforma do firme de estradas de Pontevedra, Caldas e O Salnés
Por Redacción |