Técnicos de Emerxencias Sanitarias reclaman test do Covid-19 ao ser o primeiro contacto con posibles contaxiados

Por Redacción
A Asociación Galega de técnicos de Emerxencias Sanitarias (ASGATE) denuncia que levan 6 semanas realizando traslados de pacientes con posibles contaxios ou positivos en Covid-19 pero aínda non se lles realizaron os test para comprobar como se atopan estes profesionais.
Sinalan que a situación se agrava ante a retirada das máscaras protectoras N95, que se repartiron tanto en hospitais como nas bases de ambulancias por toda Galicia. Indican que hai persoal que as utilizou e aínda non se puideron someter ás probas, que pola contra si se están realizando nos hospitais, centros de saúde e residencias de maiores.
Desde ASGATE entenden que é "lamentable" que os profesionais de urxencias extrahospitalarias que son os primeiros en entrar en contacto con este tipo de pacientes contaxiados non teñan sido en conta pola administración para detectar se están contaxiados ou se superaron a enfermidade.
Lembran que o traballo que realizan é clave para converterse tamén en transmisores do virus e lamentan que non se lles trate como persoal sanitario por parte dos responsables autonómicos en materia de saúde.
Piden que se poñan en marcha os test para este persoal co obxectivo de que exista seguridade para os pacientes que teñen que ser asistidos e trasladados nas unidades asistenciais como para os propios traballadores.
Afirman que se estivesen recoñecidos polo SERGAS como persoal propio serían tratados doutra forma e realizáronselles as probas. Por este motivo reclaman o recoñecemento da súa categoría profesional por parte do SERGAS e que se realicen estes test a todo o persoal técnico de Emerxencias Sanitarias de Galicia tanto de transporte urxente como do programado.
Relacionadas:
-
Protestas do persoal de ambulancias nas súas bases reclamando test
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Os técnicos de ambulancias esixen facerse probas para descartar positivos por Covid-19
Por Redacción |
-
Satse recrimina que a Xunta non reforce o persoal sanitario da residencia de Campolongo
Por Redacción |
-
A CIG pide que se fagan test a todos os traballadores de ambulancias
Por Oskar Viéitez |
-
Reclaman equipos de protección individual axeitados para o persoal de atención primaria
Por Redacción |