#ganasdelibrarias, campaña virtual para apoiar aos libreiros de Pontevedra
Por Redacción
O Concello de Pontevedra quere que a conmemoración deste ano do Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, se transforme nunha oportunidade para apoiar ás librarías locais, como puntos de intercambio de coñecemento e cultura, e concienciar á cidadanía da importancia de mercar os libros no comercio de proximidade.
A Concellaría de Dinamización Sociocultural, que xestiona Carme da Silva, inicia a partires deste xoves 23 a campaña virtual #ganasdelibrarias, co obxecto de fomentar a lectura do libro galego e poñer en valor as librarías de Pontevedra como elementos imprescindibles do tecido empresarial cultural da cidade.
Baixo o cancelo #ganasdelibrarias, a campaña extenderase tamén durante maio, o mes da lingua galega, e consistirá na difusión de pequenos vídeos nos que os libreiros e libreiras da cidade, así como diversas persoas vinculadas ao sector do libro e da cultura, recomendarán á cidadanía un libro en galego. Estas propostas de lectura serán difundidas a través das redes sociais do Concello e da Festa dos Libros.
A inciativa xorde por entender que, a pesar do peche forzado da súa actividade a causa da crise sanitaria do Covid-19, as librarías non paran e continúan traballando con esta actividade virtual na que se procura reforzar o seu labor de divulgación, e non unicamente o seu carácter de puntos de venda.
O obxectivo último da campaña é o de reforzar a idea de que a mellor maneira de colaborar co sostemento do tecido cultural libreiro é volver mercar nas nosas librarías de sempre, cando poidan abrir as súas portas, aproveitando as valiosas recomendacións dos libreiros e a experiencia persoal de visitar unha libraría.
Relacionadas:
-
Kiko da Silva pide exencións fiscais para os autores: "Non vai haber curro ata 2021. De que se vai vivir?"
Por Anxo Lourido |
-
O Concello de Pontevedra aborda con asociacións de comerciantes os desafíos da desescalada
Por Manu Otero |
-
A Xunta distribúe 550 libros nos hospitais públicos da área sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- O confinamento non impide aos colexios celebrar o Día do Libro
Por Redacción |
-
70 negocios estrean a base de datos dos establecementos activos en Pontevedra
Por Redacción |
-
Maratón de contos para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil
Por Redacción |
-
Os libros están de festa na Ferrería
Por Manu Otero |