O Goberno rectifica e os menores de 14 anos poderán saír da casa a pasear
Por Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A polémica suscitada este martes a raíz do anuncio da portavoz do Goberno, María Jesús Montero, de que tan só se permitiría aos nenos acompañar a un adulto nas actividades que xa permite o estado de alarma como ir ao supermercado, á farmacia ou ao banco fixo rectificar ao Executivo. Xa pola tarde, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, anunciou que os menores de 14 anos poderán "dar paseos"
"Este es un Gobierno que escucha", asegurou Salvador Illa nunha comparecencia na que non detallou como serían eses paseos, senón que se limitou a explicar que "dar paseos es dar paseos". En todo caso, si explicou que os menores de 14 anos poderán saír acompañados dun adulto.
O primeiro día que os menores poderán saír de casa será o domingo 26 de abril, pero de momento descoñécense os detalles desas saídas, pois o Goberno está a traballar nunha guía de recomendacións que detallará as circunstancias deses paseos.
Montero sinalara que o obxectivo é que a saída sexa "controlada" e, xunto aos nenos, poderán ir tamén coidadores ou persoas coas que convivan os menores.
"Os nenos poderán saír acompañados para desenvolver as actividades que xa se permitía. Trátase de preservar que a saída do seu domicilio estean taxadas", sinalan desde o Goberno, que aclaran ademais que "non haberá ninguén cun cronómetro medindo o tempo" destas saídas.
Ademais, o Goberno insiste en que os nenos non poderán ir aos parques públicos para evitar que "poidan tocar cousas que poidan estar contaminadas", co coronavirus.
Respecto a os menores de entre 14 e 18 anos, a portavoz do Goberno explicou que non se lles inclúe nesta medida porque estes menores "xa podían desenvolver estas actividades" antes e seguirano facendo se así o estiman oportuno os seus pais.
O executivo de Pedro Sánchez elaborará unha guía con ordes e instrucións a este respecto e non descarta ampliar estes movementos en función da evolución da pandemia.
Iso si, o Goberno apunta que "non está aconsellado" que os nenos saian de casa en patinetes ou bicicletas e apelou ao "sentido común" dos pais para "limitar" a posible "perda de control" sobre os movementos dos seus fillos.
Ademais, a portavoz do Goberno confirmou que Sanidade estuda "ampliar ou restrinxir territorialmente" os desprazamentos, de forma que o proceso de desescalada poida ser "distinto" en función da evolución da epidemia en cada territorio.
Relacionadas:
-
O Goberno autorizará paseos e saír a facer deporte a partir do 2 de maio se se contén a pandemia
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Reabren zonas verdes precintadas ante a inminente saída dos nenos
Por Redacción |
-
"Quero que chegue o domingo para saír e, despois de 40 días encerrada na casa, poder xogar ao aire libre"
Por Natalia Puga |
-
Lores pide "responsabilidade" aos pais ante a saída á rúa dos menores
Por Alejandro Espiño |
-
Unha hora ao día de paseo para menores de 14 anos a partir do domingo, pero nada de parques
Por Manu Otero |
-
Petición da Deputación á Xunta de 200.000 máscaras para repartir entre menores
Por Redacción |
-
Sanidade advirte que a posible saída dos menores "non será para xogar"
Por Alejandro Espiño |
-
Feijóo ve "razoable" pensar na desescalada e en incrementar a actividade económica en Galicia
Por Diego Espiño |
-
Pedro Sánchez anuncia que se permitirá a saída "limitada" dos nenos a partir do 27 de abril
Por Diego Espiño |