Unha hora ao día de paseo para menores de 14 anos a partir do domingo, pero nada de parques
Por Manu Otero
Comeza o desconfinamiento. O vicepresidente do Goberno Pablo Iglesias e o ministro de Sanidade, Salvador Illa, compareceron este xoves para explicar o modo no que nenos e nenas poderán saír das súas casas para partir do 26 de abril para dar pequenos paseos.
O estado de alarma segue vixente e as medidas de seguridade para previr os contagios por Covid-19 teñen que seguir sendo extremas, pero a pandemia comeza a controlarse e o Goberno comeza a flexibilizar a corentena. Os primeiros en beneficiarse destas medidas serán os máis pequenos da casa que levaban encerrados nos seus domicilios, sen poder saír a ningún sitio, desde o 13 de marzo.
Desde este domingo, os menores de 14 anos dispoñerán dunha hora ao día para saír á rúa. Terán que facelo sempre acompañador por un adulto, sexan os seus pais, titores ou irmáns maiores, e baixo ningún concepto poderán manter reunións con outros nenos alleos ao núcleo familiar para previr posibles transmisións do virus.
Cada adulto poderá saír de casa cun máximo de tres nenos entre as 9.00 e as 21.00 horas. Un tempo que poden empregar para pasear, xogar ou facer exercicio, pero nunca poderán facer uso de parques nin zonas infantís comúns. Ademais as autoridades recomendan extremar a vixilancia para que os máis pequenos non manipulen nin toquen superficies que poidan derivar en contaxios.
Relacionadas:
-
Reabren zonas verdes precintadas ante a inminente saída dos nenos
Por Redacción |
-
Os nenos de Marín ademais de dar un paseo poderán recibir un diploma o vindeiro domingo
Por Redacción |
-
Bueu alerta das medidas a adoptar a partir do domingo nas saídas de menores de 14 anos
Por Redacción |
-
Lores pide "responsabilidade" aos pais ante a saída á rúa dos menores
Por Alejandro Espiño |
-
O Goberno rectifica e os menores de 14 anos poderán saír da casa a pasear
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Sanidade advirte que a posible saída dos menores "non será para xogar"
Por Alejandro Espiño |
-
Pedro Sánchez anuncia que se permitirá a saída "limitada" dos nenos a partir do 27 de abril
Por Diego Espiño |