VíDEO.- O colexio Doroteas rivaliza con Netflix na producción de vídeos
Por Redacción
No colexio Doroteas de Pontevedra seguen producindo vídeos coma se quixesen rivalizar con Netflix.
Agora son os alumnos de terceiro "B" de Primaria os que protagonizan unha gravación, igual que antes fixeran os seus compañeiros de "C" e bailan como tamén se atreveron os seus profesores.
Unha mensaxe positiva de ánimo para lembrar a todos a importancia de quedar na casa e destacar o moito que se botan de menos aos amigos e tamén aos profes.
Seguramente este non será o último vídeo que producirá o cole das Doroteas pois todo o talento que atesoura resulta moi difícil de confinar.