VÍDEO.- Escolares de Caldas adaptan o "All together now" de Los Beatles ao coronavirus
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Máis de trescentos nenos e nenas de Caldas de Reis protagonizan un vídeo que está a revolucionar as redes sociais. Nel, versionan a popular canción "All together now" dos Beatles. Iso si, cunha letra adaptada para a ocasión.
Cada un destes novos artistas gravou a súa colaboración desde o confinamento nos seus respectivos domicilios e, coa colaboración de Beni Ferreiro, o seu profesor de música no colexio La Encarnación, lograron completar esta peza.
Con esta iniciativa, a comunidade educativa deste centro escolar pretende alegrar o ánimo colectivo da cidadanía durante este confinamento.
Ao mesmo tempo, buscan fomentar a responsabilidade de todos e mandar unha mensaxe de coidado persoal e esperanza ante a pandemia.