Avós, estas sirenas soan para vós!
Por Redacción
Ás doce e media do mediodía deste mércores 25, as sirenas sorprendían á veciñanza da Avenida María Vitoria Moreno. Vehículos da Policía Local facendo soar as sirenas detíñanse ante a Residencia de Maiores de Campolongo. Veciños da contorna saían ás súas xanelas e balcóns sorprendidos polo ruído e a presenza policial.
Lonxe de tratarse dun feito luctuoso, sorprendíanse ao ver como os axentes baixaban dos seus vehículos e mentres mantiñan acendidas as luces rotativas e as sirenas, aplaudían aos avós que residen neste centro. Trátase dunhas instalacións de titularidade pública, destinada a maiores válidos e con capacidade para case un centenar de prazas.
A reacción non se fixo esperar e aos aplausos dos axentes agregáronse os dos veciños do lugar, recoñecendo igualmente o xesto deste Corpo. A eles sumábase igualmente o persoal que traballa na Residencia, que saía á rúa para responder o unísono á iniciativa.
Relacionadas:
-
O ano que pasou da histeria colectiva polo papel hixiénico nos supermercados á solidariedade máis resistente e altruísta
Por Anxo Lourido |
-
Satse recrimina que a Xunta non reforce o persoal sanitario da residencia de Campolongo
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Sanitarios, ambulancias e veciñanza fúndense nun aplauso colectivo ante o Hospital Provincial
Por Diego Torrado & Redacción |
-
"Queda na casa", dincho tamén as xanelas e balcóns
Por Redacción |
-
A Xunta abre a bolsa para a contratación de auxiliares de Policía Local diante da epidemia
Por Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Homenaxe da Policía Local e da Nacional ao persoal sanitario en Montecelo: 'Resistiré'
Por Anxo Lourido |