Sanitarios, ambulancias e veciñanza fúndense nun aplauso colectivo ante o Hospital Provincial
Por Diego Torrado & Redacción
Os aplausos dos veciños de Pontevedra ao persoal sanitario que levan soando desde o inicio da emerxencia sanitaria do coronavirus teñen cada día unha variante diferente. Este xoves convertéronse nun aplauso colectivo no que non só das xanelas e balcóns situados nas inmediacións do Hospital Provincial saíron palmadas de apoio aos traballadores deste centro sanitario senón que estes mesmos empregados saíron á rúa tamén para facer o mesmo xesto e uníronse profesionais que traballan en ambulancias e voluntarios de Protección Civil.
Ocorreu, como é habitual, ás oito da tarde. De súpeto empezaron a chegar ambulancias que chamaron a atención de cidadáns e dos sanitarios que, por dispoñibilidade, podían saír á rúa uns minutos nese momento. Finalmente, foi unha homenaxe conxunta para darse ánimos mutuamente ante a situación de alerta sanitaria.
Relacionadas:
-
O persoal sanitario e a futbolista Paula Dapena, premios Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
O ano que pasou da histeria colectiva polo papel hixiénico nos supermercados á solidariedade máis resistente e altruísta
Por Anxo Lourido |
-
Os técnicos de ambulancias esixen facerse probas para descartar positivos por Covid-19
Por Redacción |
-
Alertan de que oito dos dez traballadores da lavandería do Hospital Provincial contaxiáronse
Por Redacción | Creada e actualizada
-
VÍDEO.- Policías, voluntarios e sanitarios fúndense nun aplauso en Montecelo
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Avós, estas sirenas soan para vós!
Por Redacción |
-
VIDEO.- Os aplausos ao persoal sanitario tamén soan no rural
Por Oskar Viéitez |
-
O aplauso ao persoal sanitario é "un chute de ánimo"
Por Oskar Viéitez |