O Concello prioriza o pago a provedores mentres estuda a concesión de axudas para as empresas locais
Por Manu Otero
O cesamento de actividade das empresas como consecuencia do Estado de Alarma decretado polo Goberno para combater a crise do coronavirus está a obrigar ás distintas administracións a adoptar medidas extraordinarias para axudar ás empresas e facilitar a súa supervivencia. E no Concello de Pontevedra non son alleos a esta situación. "Estamos a tratar de sacar adiante as contratación de material e persoal necesario para a xestión da crise así como o pago a provedores para dotar de liquidez á economía local, moi importante nestes momentos", explican desde o goberno local.
Con todo, diversos colectivos de empresas e tamén autónomos e emprendedores relacionados co comercio e a hostalería da cidade manifestaron a necesidade de contar con moratorias no pago de taxas e impostos municipais. "Xa se tomáron medidas sobre o imposto de vehículos, así como as taxas de mercados porque a súa aplicación era inminente. Do resto, o Concello está a estudar todas as posibilidades na medida en que ou permita a crise sanitaria", sinalan en referencia ás peticións do empresariado local.
Así mesmo, esperan tamén instrucións de organismos supramunicipais como a Fegamp ou a Femp para realizar unha acción conxunta en todo o territorio.
Deste xeito, os empresarios, que xa fixeron chegar as súas peticións aos membros do goberno local, mantéñense á espera para saber se as súas reivindicacións, entre as que está a suspensión da cobranza da taxa de terrazas ou unha revisión das taxas de auga e lixo, serán atendidas.
Relacionadas:
-
O Concello xa ten as bases para as axudas a autónomos e pemes pola pandemia
Por Manu Otero |
-
O PP pedirá no pleno que os afectados pola crise sanitaria non paguen impostos e taxas
Por Redacción |
-
O ORAL planifica o pago fraccionado dos tributos
Por Redacción |
-
Pontevedra pechou con case 105 millóns o orzamento municipal de 2019
Por Alejandro Espiño |
-
Rafa Domínguez ve "claramente insuficiente" a moratoria de taxas e pide que se anulen
Por Redacción |
-
Moratoria para o cobro dos recibos de auga e lixo, venda ambulante e veladores
Por Redacción |
-
#NonNosCanceles, chamada de atención do mundo da cultura para pedir axudas ante a crise do sector
Por Anxo Lourido |
-
Activan un teléfono para a atención psicolóxica das familias durante a crise do coronavirus
Por Redacción |
-
Pontevedra prepara un "plan de choque" para reactivar a economía o "día despois" do coronavirus
Por Alejandro Espiño |
-
Unha traballadora afectada por un ERTE: "Entendo ao meu xefe, prefiro que me mande ao paro a que non poida pagar"
Por Manu Otero |
-
Aplicar un ERTE ou non, esa é a cuestión
Por Manu Otero |