O Grove pecha todas as praias tras a chegada de visitantes

Por Redacción
O Concello do Grove uniuse este sábado á lista de municipios costeiros que busca frear o avance do coronavirus con medidas como pechar o acceso ás súas praias. Do mesmo xeito que Sanxenxo, Poio ou Marín, nesta vila pontevedresa tamén acordaron prohibir o acceso a todos os areais.
Desta forma, toma medidas ante a chegada ao municipio nos últimos días de persoas chegadas desde outros puntos de Galicia e de España para utilizar as súas segundas residencias de veraneo durante o tempo que duren as medidas de contención do coronavirus.
O Concello emitiu un bando da Alcaldía polo que fai saber que toma esta decisión cumprindo o protocolo de medidas preventivas e "para evitar o aumento de poboación infectada en plena pandemia" polo COVID-19.
Mediante este bando, a medida ten aplicación xa desde este sábado e supón pechar as praias e prohibir o acceso ás mesmas.
Relacionadas:
-
Marín pecha praias, canchas deportivas ao aire libre e parques infantís das parroquias
Por Natalia Puga |
-
A Policía Local de Poio precinta as praias e vixía o cumprimento das medidas adoptadas polo Goberno
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Sanxenxo ordena o peche das praias tras a chegada de visitantes nos últimos días
Por Natalia Puga |