A xuízo por intentar pasarlle droga ao seu home durante un 'vis a vis' no cárcere da Lama
Por Redacción
Sete anos de prisión. É a condena que solicita a Fiscalía para unha interna do cárcere da Lama que tentou entregarlle droga ao seu marido, que tamén cumpre condena no penal, durante un 'vis a vis' que ambos tiveron en xullo de 2018.
O caso, que probablemente se resolva cun acordo de conformidade, será analizado pola sección segunda da Audiencia de Pontevedra o vindeiro xoves 5 de marzo.
O escrito de acusación reflicte que a muller ocultou entre a súa roupa interior dez landras de haxix e algo máis de tres gramos de cocaína coa intención de darllos ao seu marido.
A droga, con todo, foi intervida polos funcionarios da prisión antes de que levase a cabo a comunicación entre o matrimonio.
O fiscal considera que estes feitos constitúen un delito contra a saúde pública e, ademais da prisión, reclama que se lle impoña á acusada unha multa de 4.000 euros.
Relacionadas:
-
Seis anos de cárcere para a muller que intentou entregar droga á súa parella na Lama nun 'vis a vis'
Por Redacción |
-
Sorprendido o compañeiro dunha acusada ao tentar entrar con dous coitelos na Audiencia
Por Oskar Viéitez |
-
Aprazan o xuízo contra unha antiga interna da Lama por tentar pasarlle droga ao seu marido durante un 'cara a cara'
Por Natalia Puga |