Seis anos de cárcere para a muller que intentou entregar droga á súa parella na Lama nun 'vis a vis'
Por Redacción
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a condena de seis anos de cárcere que lle impuxo a Audiencia de Pontevedra a unha muller, interna na prisión da Lama, que tentou pasar droga á súa parella, tamén preso no mesmo penal, durante unha comunicación.
Os maxistrados da Sala do Civil e Penal do TSXG consideran acreditado que a muller escondeu na súa roupa interior haxix e cocaína para entregarlla ao seu marido para que este puidese "saldar contas" que tiña dentro da prisión.
Descartan, como alegou a muller tras ser descuberta, que a droga fora para consumo "exclusivo e inmediato" do destinatario.
Ademais, os xuíces destacan que a cantidade de droga intervida -104 gramos de haxix e 6,563 gramos de cocaína- é "significante ", polo que descartan atenuarlle a condena como solicitaba o avogado da muller no seu recurso.
Relacionadas:
-
Sorprendido o compañeiro dunha acusada ao tentar entrar con dous coitelos na Audiencia
Por Oskar Viéitez |
-
Aprazan o xuízo contra unha antiga interna da Lama por tentar pasarlle droga ao seu marido durante un 'cara a cara'
Por Natalia Puga |
-
A xuízo por intentar pasarlle droga ao seu home durante un 'vis a vis' no cárcere da Lama
Por Redacción |