Os técnicos municipais traballan xa nos proxectos de investimentos para 2020
Por Redacción
O goberno municipal de Sanxenxo traballa xa na redacción de todos os proxectos dos investimentos que, por valor de tres millóns de euros, incluíu no orzamento de 2020, contas que están en vigor desde o pasado 17 de xaneiro.
A construción do novo centro sociocultural de Vilalonga será unha das grandes apostas para este ano. Custará 1,4 millóns, aínda que se financiará en varias anualidades. Para 2020 hai consignados 400.000 euros para a redacción do proxecto e o inicio das obras.
Outros 300.000 euros destinaranse para cubrir as paredes da pista polideportiva de Nantes e a construción duns vestiarios e outras melloras, 220.000 euros serán para a mellora da praza de Vilalonga e outros 200.000 euros para o campo das festas de Dorrón.
Esta mesma cantidade, 200.000 euros, investiranse na urbanización dos 70.000 metros cadrados do Revel, que será completada con achegas do Plan de Concellos da Deputación. É unha actuación imprescindible para o novo colexio de Vilalonga
Trátase dun proxecto que inclúe o soterramento da liña eléctrica, a mellora da rede de saneamento e abastecemento de auga e a apertura de catro viarios que vertebran a zona.
Por último 600.000 euros serán para os plans directores de servizos básicos como os viais do rural, a rede de saneamento e o abastecemento de auga, 200.000 euros serán para o cambio de herba no campo de fútbol do Revel e outros 700.000 euros, entre outros, para mellora da praza do Pazo de Sanxenxo, o local de Gondar ou a axenda dixital.
Relacionadas:
-
A urbanización do Revel custará case 1,3 millóns de euros
Por Redacción |
-
A praza de Vilalonga xa é pública despois da compra do quiosco polo Concello
Por Redacción |
-
Vilagarcía contratará 36 traballadores durante nove meses para reforzar os servizos municipais
Por Redacción |
-
O IBI supón o 44% dos ingresos por impostos do Concello de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
O orzamento de Sanxenxo contempla 3,1 millóns de euros para investir nunha ducia de proxectos
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo terá un orzamento de 29 millóns de euros en 2020
Por Oskar Viéitez |