A ciberdelincuencia non para de crecer e é xa o delito máis numeroso en toda a provincia
Por Natalia Puga & Cristina Saiz
Os delitos cometidos a través de Internet son cada vez máis frecuentes en todo o mundo e Pontevedra non se escapa ás estatísticas. A Xunta Provincial de Seguridade celebrada este xoves na Subdelegación do Goberno para facer balance da seguridade na provincia durante o ano 2019 así o puxo de relevancia. Segundo os datos achegados, a ciberdelincuencia aumentou un mínimo do 80%, en función da zona.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, deu a coñecer datos relativos aos informes elaborado pola Garda Civil e a Policía Nacional e explicou que na área de competencia da Garda Civil os delitos aumentaron en 2019 un 7% e a "razón básica e fundamental" do incremento está en que creceron un 105% as estafas por Internet e un 80% nos ciberdelitos en xeral.
As cifras son similares na área de competencia da Policía Nacional. Neste caso, o incremento de infraccións penais foi do 2% e a delincuenica a través de internet creceu en aproximidadamente o 80%.
A Xunta Provincial de Seguridade deste xoves foi máis longa do habitual polo elevado volume de datos a analizar. Nun descanso, Maica Larriba fixo balance do seu contido en compañía da comisaria provincial da Policía Nacional, Estíbaliz Pama; o coronel xefe da Garda Civil, Simón Venzal; e o comisario da Policía Nacional de Vigo e Redondela, Luís Gallego.
Nese balance, explicou que o capítulo relativo á ciberdelincuencia é o "máis numeroso" nos informes policiais e que se comete por igual en todo o territorio, sen distinguir entre áreas competencia da Garda Civil e a Policía Nacional. A preguntas dos medios explicou que sempre que se constata un incremento de delitos, "cada vez se ponen más recursos" de ambos os Corpos para combatelos, pero que estes teñen unha problemática particular.
Así, segundo indican, moitos deles prodúcense fóra do territorio nacional, isto é, non son delitos que se cometan en España, senón desde Alemaña, Francia, Bulgaria ou, fundamentalmente, países de Asia. Esta circunstancia fai que sexa "muy difícil" resolver esta situación.
A primeira metade da Xunta Provincial serviu para poñer sobre a mesa que os roubos con violencia e en vivenda habitada, dous dos delitos que máis alarma social adoitan xerar, baixaron tanto no ámbito das competencias da Policía Nacional como da Garda Civil ao redor do 8% e que, con todo, creceron os roubos en establecementos.
O grao de esclarecemento e os delitos é "alto" na provincia e sitúase no 40% mentres que a taxa de criminalidade da provincia, sumados datos da Garda Civil e da Policía Nacional, está nunha media de 26 infraccións por cada 1.000 habitantes, "muy por debajo de la media nacional", que supera o 40%.
Os asistentes á mesa de coordinación analizaron de forma detallada a situación da violencia de xénero na provincia e deron a coñecer que a día 17 de xaneiro había na provincia un total de 1.095 casos activos no Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioGén). Delas, tres teñen risco extremo, sete risco alto, 118 risco medio, 437 risco baixo e 530 risco non apreciado.
Relacionadas:
-
RADIO.- Todos estamos expostos, así que 'ConéctaTEC' que falamos de timos que chegan a través das tecnoloxías
Por Redacción |
-
O aumento das compras por Internet polo confinamento dispara un 32% as estafas leves por Internet en 2020
Por Redacción |
-
O confinamento disparou as estafas por compras na internet en Pontevedra
Por Redacción |
-
Estafan un veciño de Meaño na compra por internet dunha motocicleta de segunda man
Por Redacción |
-
"Sentido común e escepticismo son as nosas máscaras e luvas na Rede"
Por Redacción |
-
A Subdelegación do Goberno coordina un plan para previr a violencia machista e o acoso en centros escolares
Por Manu Otero |
-
A ciberdelincuencia dispara as estatísticas de criminalidade en Pontevedra, que segue sendo "privilexiada" en seguridade
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Un novo xefe da Garda Civil de Pontevedra para seguir impulsando "proximidade e prontitude" na atención ao cidadán
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
175 anos de historia, toda unha vida de servizo á cidadanía
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Policía Nacional celebra o seu patrón cun descenso dos delitos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |