A Policía Nacional celebra o seu patrón cun descenso dos delitos
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Policía Nacional celebrou este martes a festividade do seu patrón, os Anxos Custodios, cunha "diminución clara" dos delitos ata xuño, últimos datos publicados polo Ministerio do Interior, cunha taxa de delincuencia "moi por baixo da media nacional".
Nun ano tranquilo en canto aos principais delitos os discursos pronunciados no auditorio de Afundación puxeron especial énfase en "non baixar a garda", en palabras do Comisario José Luis de Luis Gallego.
"A anarquía é o mellor caldo de cultivo da violencia", advertiu o comisario chamando a atención sobre os "maiores retos" aos que se enfrontan os corpos e forzas de seguridade, que son: o terrorismo yihadista e a ciberdelincuencia, segundo sinalou.
Non faltou encoméndaa de traballar polas "persoas máis vulnerables" citando expresamente ás "mulleres vítimas de violencia de xénero" avogando por "reforzar os equipos especializados" pola formación constante e chamando a estar en "permanente alerta" ante este tipo de delincuencia.
No acto institucional distinguíronse a numerosos axentes por feitos meritorios realizados ao longo do presente ano e tamén se homenaxeou a persoal civil pola súa colaboración.
Ademáis houbo unha distinción para os colexios de Marcón e Cabanas por ser ciberexpertos, é dicir, acreditar con éxito que recibiron unha serie de coñecementos impartidos por axentes de Participación Cidadá da Comisaría Provincial que abarcan desde o ciberacoso, o grooming ou o sexting ata xestión da privacidade e identidade dixital.
O sindicato SUP non asistiu para expresar o seu desacordo cos criterios de imposición das medallas e tamén lamentou que a subdelegada do goberno non presidise este acto por coincidir coa inauguración da feira Conxemar en Vigo.
Relacionadas:
-
A ciberdelincuencia non para de crecer e é xa o delito máis numeroso en toda a provincia
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
"Alguien que se atreve a denunciar no es un chivato, es un valiente"
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Sampaio empeza a formarse para ser un colexio ciberexperto
Por Redacción |
-
Estíbaliz Palma, primeira muller comisaria da Policía Nacional en Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
O comisario destaca na súa comida de despedida os "éxitos importantes" da Policía Nacional na loita contra o narcotráfico
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
"Si la niñas dicen que sí o dicen que no, tenemos que respetarlo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |