Bueu vaise mollar para reivindicar a rexeneración da praia de Pescadoira
Por Redacción
Baixo o lema "Móllate por Pescadoira", a asociación ecoloxista Anduxía convocou un novo acto reivindicativo para pedir a rexeneración da praia de Pescadoira. Será co seu tradicional "chapuzón" durante o día de Reis.
A actividade, á que están convidados todos os veciños e veciñas de Bueu, será este luns día 6 ás 12.00 horas. Como a auga estará fría, sinalan desde a asociación, tamén aceptan a modalidade de mollar só os pés ou achegarse a tomar un chocolate.
Anduxía reclama con esta acción que a segunda fase da rexeneración da praia, que consiste nun dique semisomerxido oblicuo dende o extremo do peirao de Attilio cara o espigón da dársena do porto de Bueu, sexa unha realidade este ano 2020.
Esta segunda fase da rexeneración céntrase na zona oeste da praia, cara a antiga Casa do Mar, que é a que se atopa máis danada.
Este proxecto, recordan, xa foi confirmado por Portos de Galicia e tamén polo alcalde de Bueu, polo que solicitarán reunións para saber en que estado de tramitación está esta actuación.
A praia de Pescadoira, lembran desde Anduxía, foi case totalmente destruída pola prolongación da dársena de Bueu que Portos de Galicia realizou no ano 1998 sen ter en conta a afección brutal que esta actuación ía ter sobre a praia
A primeira fase da rexeneración acometeuse no ano 2009 e consistiu nun dique parcialmente semisomerxido por debaixo do peirao de Atillio, que rexenerou notablemente a zona leste da praia, nas inmediacións do club de remo.
Relacionadas:
-
Reivindicación dun novo proxecto para Pescadoira a 14 graos de temperatura
Por Redacción |
-
Portos de Galicia mellorará a accesibilidade peonil no muelle de Bueu
Por Redacción |
-
Alertan dunha posible perda de area na praia de Pescadoira se Portos de Galicia desmonta o espigón
Por Redacción |
-
Baño frío para reclamar a rexeneración da praia da Pescadoira
Por Redacción |
-
Bueu mellorará os accesos ás praias de Pescadoira e Petís
Por Redacción |
-
Os ecoloxistas de Anduxía fan propostas aos políticos locais
Por Oskar Viéitez |
-
Portos de Galicia informa ao alcalde de Bueu das próximas actuacións na praia de Pescadoira
Por Redacción |