Os farmacéuticos de Pontevedra fórmanse para combater a violencia de xénero
Por Redacción
O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra está a levar a cabo diversas iniciativas para a detección precoz da violencia de xénero. "Todos os profesionais sanitarios debemos estar coordinados e preparados para abordar e dar resposta a este tipo de situacións” sinalou presidenta da entidade, Alba Soutelo.
No marco do convenio de colaboración contra a violencia de xénero asinado coa Consellería de Sanidade, o colectivo de farmacéuticos puxo en marcha tres acciones: un protocolo de actuación en farmacias fronte á violencia de xénero, dúas xornadas formativas nas súas sedes de Vigo e Pontevedra os días 9 e 10 de decembro e a posta en marcha nas farmacias da provincia da campaña A túa farmacia, espazo seguro para informar á poboación sobre a axuda que pode prestar o profesional farmacéutico.
Relacionadas:
-
As farmacias de Pontevedra inician a campaña 'Sin receta NO'
Por Almu Dapena |
-
O Banco Farmacéutico de Galicia, unha iniciativa contra a pobreza farmacéutica que chega a Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Os farmacéuticos de Pontevedra sensibilizan á poboación sobre o lupus
Por Redacción |
-
As farmacias pontevedresas dispensarán o test do VIH "en cuestión de días"
Por Alejandro Espiño |
-
Os 1.800 farmacéuticos pontevedreses reivindican as numerosas achegas da súa profesión á saúde
Por Redacción |