As farmacias de Pontevedra inician a campaña 'Sin receta NO'
Por Almu Dapena
Esta semana, as farmacias de Pontevedra inician a sexta campaña 'Sin receta NO' para informar á poboación sobre a importancia da receita médica.
O motivo é, segundo o Colexio de Farmacéuticos, que desde algúns centros de saúde derívase aos pacientes ás farmacias para que se lles adianten os medicamentos porque non poden darlles cita para renovar as receitas, esperando que o farmacéutico lles solucione o problema expoñéndose ao incumprimento da normativa e a exposición a unha sanción.
"O paciente ten que saber que non é o farmacéutico o que non quere dar o medicamento que solicita, senón que é a normativa a que non llo permite”, explica a presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, Alba Soutelo.
É por iso, que con esta campaña, queren lembrar aos pacientes de que antes de que se lles acabe o último envase dos medicamentos, acudan ao médico para pedir cita para renovar as súas receitas e así poder asegurar a continuidade do tratamento. "Non somos os farmacéuticos quen decido que medicamentos necesitan receita e cales non", subliña a presidenta.
Así mesmo, informa de que os medicamentos que se poden dispensar sen receita son os medicamentos publicitarios e tales como ibuprofeno, paracetamol ou omeprazol, entre outros.