A.M.A. é a compañía líder en Seguros de Fogar por satisfacción global dos usuarios, segundo a OCU
A.M.A. Seguros, a Mutua dos Profesionais Sanitarios, é a compañía líder en Seguros de Fogar, segundo unha enquisa independente realizada pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), na que se avaliaron as principais 36 compañías aseguradoras. O seguro de Fogar de A.M.A. foi elixido como o mellor en satisfacción global polos usuarios.
A Mutua dos Profesionais Sanitarios recibe a mellor valoración (78 puntos) en satisfacción coas reparacións e as indemnizacións recibidas. O importe da prima e a súa evolución obteñen a consideración máis alta con 69 e 66 puntos, respectivamente, segundo os datos pormenorizados feitos públicos no número de novembro de revista "Dinero y Derechos".
Polo seu nivel de calidade en atención ao cliente e a claridade na tramitación dos sinistros, A.M.A. tamén ocupa a segunda posición no estudo.
As pólizas de Fogar de A.M.A. ofrecen unha ampla gama de servizos, que inclúen como novidade desde este ano a garantía do "manitas básico" para tarefas sinxelas, pequenas reparacións e o mantemento da vivenda; e o "manitas especializado" para traballos de maior dificultade como a colocación de termos eléctricos ou a reparación de cisternas de sanitarios.
A enquisa da OCU vén consolidar a posición da Mutua dos Profesionais Sanitarios como líder do sector sanitario, con máis dun millón de produtos contratados.
Estes bos datos son, sen dúbida, o resultado dun traballo constante e rigoroso e da aposta pola calidade do servizo, a proximidade e a fidelización dos mutualistas.
Relacionadas:
-
A.M.A. analiza o presente e futuro das vacinas nun seminario web do máis alto nivel profesional
Por Noticia patrocinada |
-
A.M.A. aumenta a protección aos médicos e os seus familiares, mediante a renovación do acordo coa OMC
Por Noticia patrocinada |
-
O Dr. Diego Murillo, condecorado coa Insignia de Ouro do Colexio Oficial de Médicos da Rioxa
Por Redacción |
-
AMA Vida asina co Colexio de Médicos de Badaxoz a póliza colectiva de Vida
Por Noticia patrocinada |
-
Diego Murillo, Medalla de Ouro do Colexio Oficial de Médicos de Guipúscoa
Por Redacción |
-
A Fundación A.M.A. convoca os seus XVIII Premios Científicos
Por Noticia patrocinada |
-
A.M.A. consolida a súa posición como líder do sector sanitario ao superar o millón de produtos contratados
Por Noticia patrocinada |