O CSIC organiza en Pontevedra catro conferencias científicas do seu ciclo "Que sabemos de...?"
Por Redacción
O Consello Superior de Investigacións Científicas de Galicia (CSIC) organiza a segunda edición do ciclo de conferencias Que sabemos de...?. Trátase dun evento composto por seis charlas que prentenden achegar a ciencia á sociedade de forma divulgativa. A actividade foi presentada este venres no Liceo Casino, lugar no que terán lugar catro das seis conferencias.
O programa empezará o 26 de setembro en Santiago cun discurso sobre a nobreza baixomedieval de Galicia. O resto de conferencias, cuxo acceso é gratuíto, continuarán cada mércores desde o 2 ao 30 de outubro, día no que se pechará en Vigo.
"Seleccionáronse relatores que desenvolven as súas investigacións en diferentes ámbitos e con experiencia en divulgación científica”, tal e como explicou Luisa Martínez Lorenzo, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC Galicia.
Sobre os beneficios do consumo dos legumes dentro da dieta mediterránea versará a primeira conferencia que se impartirá en Pontevedra. Será o día 2 ás 19.30 horas no Liceo Casino. Seguiranlle relatorios sobre a disforia de xénero, os elementos que integran as terras raras e a súa importancia para a vida, así como a relación entre o cinema e a química.
Relacionadas:
-
O Observatorio Urbano fará un estudo actualizado do efecto do modelo de cidade na calidade do aire
Por Natalia Puga |
-
A Xunta investirá máis no CSIC para que Galicia sexa un espazo referente na investigación
Por Redacción |
-
A Misión Biolóxica, ás portas do seu centenario coa vista posta en achegarse á cidadanía
Por Redacción |
-
O CSIC Galicia ofrece a súa colaboración á Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Antonio De Ron Pedreira, novo delegado institucional do CSIC en Galicia
Por Redacción |