O Observatorio Urbano de Pontevedra fará un estudo actualizado do efecto do modelo de cidade na calidade do aire
Por Natalia Puga
O Observatorio Urbano de Pontevedra estudará os efectos do modelo de cidade sobre a calidade do aire, efectos ambientais e outro tipo de cuestións relacionadas co obxectivo de que o Concello conte cun estudo actualizado sobre o impacto das medidas postas en marcha no deseño urbano.
A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, explicou que os datos que manexa na actualidade o Concello están baseados en medicións de tráfico e quedan nos primeiros anos da reforma da cidade, de modo que se promoverá ter un estudo actualizado.
De momento, non hai prazos, pois aínda hai dar os primeiros pasos e, segundo explicou a concelleira, "é difícil buscar os indicadores exactos para avaliar os efectos". Para poder avanzar en como se deseñará, este luns Anabel Gulías terá este mesmo luns unha reunión co profesor Pedro Figueroa, director deste grupo de investigación.
Anabel Gulías deu a coñecer esta información este luns á vez que anunciou que a área de Promoción da Cidade poñerá en marcha a campaña Efecto PO2 como unha aposta a nivel municipal na loita contra a emerxencia climática cunha data crave no punto de mira, o 27 de setembro, xornada na que hai convocada unha Folga Mundial polo Clima.
O Concello de Pontevedra sumarase a esa data de mobilización cunha participación activa nas mobilizacións, concentracións e actividades que convoquen as distintas organizacións porque "se agora é o momento, nós temos claro que Pontevedra é o lugar para poder demandar ou empezar a entender que a emerxencia climática é unha cuestión que nos afecta a todos".
Anabel Gulías recolle a máxima "pensa globalmente, actúa localmente" para definir o Efecto PO2, que se marca tres obxectivos fundamentais: chamar á mobilización social o 27 de setembro, demandar a todas as institucións a posta en marcha de políticas claras de acción contra a emerxencia climática e potenciar políticas que permitan seguir impulsando un modelo urbano que axuda a reducir as emisións de CO2, reducir a pegada ecolóxica con medidas como a compostaxe ou minimizar as fugas de auga no sistema de subministración de auga da cidade.
Ademais, poñerán en marcha unha campaña nos institutos e nas escolas primarias da cidade para traballar neste liña e en todas as charlas e conferencias ás que lles conviden en todo o mundo para falar sobre o modelo urbano explicarán todo o que se conseguiu en Pontevedra sendo pioneiros nestas políticas.
Nos institutos impulsan unha colaboración con Antón Salgado, investigador do CSIC, para "contribuír a paliar esa imaxe de que o tema d emerxencia climática é algo que non nos afecta a nós, que é un espellismo lonxano". Tentarán concienciar e mobilizar a todo o alumnado trasladando que en Galicia e Ponevedra ten uns efectos concretos como o retroceso da praia da Lanzada, como afecta as estruturas portuarias ou como o monocultivo tamén afecta.
Nos colexios de primaria traballará sobre o libro elaborado durante o ciclo UrbTopias, 'A miña cidade' para concienciar de que o cambio global empeza no local e que é necesario traballar en espazos públicos e cidades que estean pensadas para as persoas.
Relacionadas:
-
Ana Tomé, directora da Fundación Reina Sofía: "Antes Pontevedra era dedicarse a esquivar coches, ahora se pasea placenteramente"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Pontevedra volverá ser "punto de encontro" para converter as Urbtopías en cidades posibles
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A calidade do aire de Pontevedra "roza case a excelencia" a pesar dos cambios de criterios da OMS
Por Natalia Puga |
-
A calidade do aire de Pontevedra cumpre nun 99,9% as directrices da OMS
Por Oskar Viéitez |
-
Unha pantalla en Campolongo ofrecerá información meteorolóxica en tempo real
Por Redacción |
-
Pontevedra probará medidores ambientais en Loureiro Crespo e O Castañal
Por Alejandro Espiño |
-
Os ecos do 'Efecto PO2' e do modelo urbano de Pontevedra chegan ata Glasgow
Por Redacción |
-
Apenas un 3,6% da auga subministrada en Pontevedra pérdese por fugas na rede
Por Alejandro Espiño |
-
O CSIC mostrará a gravidade da emerxencia climática nos institutos de Pontevedra
Por Almu Dapena |
-
O alumnado pontevedrés, protagonista das protestas con motivo da folga mundial polo clima
Por Natalia Puga |
-
O CSIC organiza en Pontevedra catro conferencias científicas do seu ciclo "Que sabemos de...?"
Por Redacción |
-
Marín adhírese ao Pacto de alcaldes polo clima
Por Redacción |
-
O BNG urxe adoptar unha serie de medidas para frear a situación de emerxencia climática
Por Oskar Viéitez |
-
A reordenación do tráfico de Pontevedra, no punto de mira de Italia
Por Almu Dapena |
-
Goyo Revenga pide que Pontevedra declare o "estado de emerxencia climática"
Por Oskar Viéitez |
-
A preocupación polo cambio climático aumenta os convites internacionais a Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Vilagarcía, porto con máis visitantes ao Rainbow Warrior de Greenpeace no circuíto español: 5.000 persoas subiron a bordo
Por Natalia Puga |
-
Xavier Labandeira: "Cada un de nós temos bastante que facer para contribuir a reducir o cambio climático"
Por Redacción |
-
Queres achegarte ás causas e efectos do cambio climático dun xeito didáctico? Tes unha cita no Carabela
Por Redacción |