A Xunta investirá máis no CSIC para que Galicia sexa un espazo referente na investigación
Por Redacción
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro este venres en Pontevedra co delegado institucional do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Antonio de Ron, e con representantes dos seus centros en Galicia para anunciar que a Xunta incrementará o seu investimento ata os 480.000 euros nestes centros.
Os seis centros en Galicia do CSIC son a Misión Biolóxica de Galicia; o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento; o Instituto de Investigacións Mariñas; o Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia; o Instituto de Ciencias do Patrimonio; e a Sede Atlántica da Unidade de Tecnoloxía Mariña, así como o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).
A intención por parte do executivo autonómico é posicionar a Galicia como un espazo de referencia no ámbito da investigación. O conselleiro explicaba neste encontro a importancia de manter un diálogo constante co sector para mellorar a innovación.
Tamén se avaliaron os programas Oportunius e Talento Sénior. iniciativas que forman parte de Talento 2021, a proposta autonómica para xerar e atraer a 1.500 profesionais a terras galegas para levar a cabo actividades de I+D+i. Segundo Conde, esta acción supoñerá unha mobilización próxima aos 47 millóns de euros dos que a Xunta achegará apróximadamente seis millóns.
O conselleiro tamén quixo explicar a importancia de establecer un modelo de colaboración público-privado para mellorar a prestación de servizos desde a administración.
Relacionadas:
-
O CSIC organiza en Pontevedra catro conferencias científicas do seu ciclo "Que sabemos de...?"
Por Redacción |
-
A Misión Biolóxica, ás portas do seu centenario coa vista posta en achegarse á cidadanía
Por Redacción |
-
O CSIC Galicia ofrece a súa colaboración á Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Antonio De Ron Pedreira, novo delegado institucional do CSIC en Galicia
Por Redacción |