Varias escolas de Marín súmanse ao servicio de comedor
Por Redacción
Os centros EEI O Grupo, CEIP A Laxe, CEIP de Seixo e CEIP de Ardán contarán co servicio de comedor de cara ao novo curso escolar.
Esta medida, acordada entre A Federación Provincial de Anpas dos Centros Públicos de Pontevedra (FAMPA) e o Concello de Marín, trata de apoiar aos comedores escolares dos centros que están comezando con este servizo.
Con este convenio, sufrágase o 11,5% do custo total para todos os usuarios, unha porcentaxe que se incrementa no caso de familias con algún tipo de problemática social, avaliada previamente polo departamento de Servizos Sociais do Concello.
Para poder ofrecer ese servizo ao alumnado, dende o Consistorio, e a través da Área de Educación e Servizos Sociais, realizáronse unha serie de obras de acondicionamento nas citadas instalacións educativas.
Así mesmo, durante todo o curso 2019-2020, en froito da colaboración entre a Fampa e o Concello, se ofertarán clases de robótica e de método ábaco.
A primeira será os luns na Biblioteca Municipal Vidal Pazos de 16.00 a 17.30 horas, e a segunda será os xoves no EEI O Grupo de 17.15 a 18.45 horas.
Relacionadas:
-
Marín apela á responsabilidade cívica no depósito de residuos voluminosos cunha campaña de concienciación
Por Redacción |
-
Antes de dez días entrará en funcionamento o comedor escolar do CEIP de Seixo
Por Redacción |
-
Educación instala o novo comedor do colexio da Reigosa
Por Oskar Viéitez |
-
Educación investiu 142.000 euros na posta a punto dos colexios
Por Oskar Viéitez |