Antes de dez días entrará en funcionamento o comedor escolar do CEIP de Seixo
Por Redacción
Decenas de escolares dos centros educativos de Marín acudían este mediodía aos comedores escolares. Este curso consolídase como o segundo ano de colaboración entre o Concello e a Federación Provincial de Anpas de Pontevedra (FANPA), que demandaba unha profesionalización do servizo.
Desde o ano pasado benefícianse deste convenio o CEIP A Laxe, a EEI O Grupo e o CEIP de Ardán. No caso do Grupo, o comedor instalouse desde cero e, grazas a esta iniciativa, detectouse unha mellora das cifras de matriculación, segundo expuxo Ángel Sánchez, vicepresidente da FAMPA.
Este curso incorpórase o CEIP de Seixo a este convenio. A posta en marcha do comedor escolar atópase pendente dun trámite burocrático, segundo o goberno local de Marín. A previsión do goberno local é que nun prazo máximo de dez días comece o servizo de comidas para o alumnado do centro.
Tamén se traballa na incorporación do Plan Madruga para facilitar a conciliación das familias nos centros educativos da vila, aínda que o número de estudantes non sexa moi elevado.
A partir de novembro incorporaranse uns dispositivos "anti atascamento" que se instalarán en todos os centros xestionados pola FANPA. No convenio entre o Concello e a FANPA contémplase o pago do 11,5% do custo total para todos os usuarios. Esta porcentaxe increméntase no caso de familias con algún tipo de problemática social, avaliada previamente polo departamento de servizos sociais do Concello.
Relacionadas:
-
A ANPA Abelendos de Seixo pide axuda para custear o seu proxecto de igualdade
Por Redacción |
-
Veciños de Seixo piden ao Concello que abra un centro de día público
Por Redacción |
-
O vello centro de saúde da Casa do Mar de Marín albergará un centro sociosanitario
Por Redacción |
-
Varias escolas de Marín súmanse ao servicio de comedor
Por Redacción |