Moraña rebaixa nun 10% a taxa de limpeza e recollida de lixo
Por Redacción
O goberno local de Moraña está a preparar unha nova rebaixa fiscal para os veciños que consiste na diminución nun 10% do importe na taxa de limpeza e de recollida de lixo en vivendas, establecementos, hostaleiros, supermercados e comercios tanto da zona urbana como da rural.
Con esta proposta que dirixe a rexedora local, Luisa Piñeiro, a cota diminúe de 36 a 32 euros ao ano a taxa na zona urbana, e de 24 a 21 no rural para vivendas particulares.
Pola súa banda, a rebaixa en establecementos hostaleiros, supermercados e similares, baixa de 64 a 54 euros e o resto de locais comerciais, de 43 a 32 euros ao ano.
Piñeiro recalcou que xa son dez os concellos galegos que contan con esta rebaixa fiscal "e queremos seguir nesta situación, polo principio da baixa fiscalidade axuda ás familias, crea emprego e favorece a economía".
A medida vai adoptar despois de que o Concello decidise sumarse á bonificación impulsada pola Xunta de Galicia para os municipios adheridos ao plan de tratamento da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama).