Rebaixa dun 10% na carga fiscal dos contribuíntes en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O goberno local de Cerdedo-Cotobade impulsou a unificación das taxas de expedición de documentos e servizos municipais no marco do procedemento de agrupación de toda a normativa dos territorios de Cerdedo e Cotobade. E estableceu unha nova rebaixa fiscal que se sitúa entre o 8 e o 10%.
Segundo o goberno que preside Jorge Cubela, asegura que non se incrementou o custo das tramitacións administrativas e moitas baixaron o seu prezo.
No último pleno, o equipo executivo levou unha proposta de supresión de catro ordenanzas, dúas por cada antigo municipio, que regulaban a expedición de documentos, as licenzas urbanísticas e outros actos burocráticos. Tamén se aprobou a nova ordenanza fiscal da taxa pola expedición de documentos administrativos e servizos municipais.
A normativa entrará en vigor despois do período de exposición pública do mesmo xeito que a de imposto de vehículos.
A nova ordenanza, segundo o goberno local, reduce o nivel de burocracia e administración co obxectivo de dar axilidade. Jorge Cubela indicou que se trata da cuarta rebaixa fiscal desde a fusión entre os dous concellos.
O procedemento de unificación de ordenanzas atópase practicamente finalizado á espera de que se concrete a taxa do servizo de limpeza, na que hai que ter en conta as variables da compostaxe e doutros plans de residuos en marcha.
Relacionadas:
-
Moraña rebaixa nun 10% a taxa de limpeza e recollida de lixo
Por Redacción |
-
O plan piloto de compostaxe esténdese a Tenorio, Viascón, San Xurxo e Santa María de Sacos
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade supera os 6.100 veciños no seu primeiro ano de fusión
Por Redacción |
-
Cotobade e Cerdedo pechan a súa última liquidación de contas por separado con 493.000 euros de superávit
Por Redacción |