As Escolas Deportivas de Moraña fomentan a inclusión das persoas con discapacidade
Por Redacción
As Escolas Deportivas Municipais 2019/2020 de Moraña ofrecerán a posibilidade de elixir sete modalidades deportivas diferentes, unha orientada para persoas con discapacidade.
En concreto, haberá clases de patinaxe, judo, baloncesto, motricidade, zumba-bodyjump, multideporte e actividades adaptadas para nenos de 5 a 16 anos de idade.
As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición en calquera destas escolas municipais poden facelo, de xeito gratuíto, na Biblioteca Pública Municipal, sita na Casa da Cultura.
As clases serán a partir do 1 de outubro e incluirán 4 grupos de patinaxe os mércores e venres, dous de judo os xoves, dous de baloncesto os mércores e xoves, multideporte os luns, zumba-bodyjump os martes en dúas quendas, motricidade os venres e actividades adaptadas os xoves.
As modalidades de patinaxe, judo e baloncesto están subvencionadas pola Deputación de Pontevedra, polo que poderán inscribirse rapaces doutros municipios, tanto de xeito presencial na Biblioteca Municipal de Moraña como a través da páxina web da institución provincial: www.depo.gal.
En canto á escola municipal de actividades adaptadas, cabe indicar que está pensada para a infancia, pero poderá abrirse a persoas de todas as idades se hai demanda. Buscan fomentar hábitos de vida saudables e tamén favorecer a súa inclusión. A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, destacou especialmente esta modalidade, xa que non existe en moitos concellos e "cremos que demostra a nosa aposta por facer políticas e gobernar para todos os veciños".
Relacionadas:
-
O Encontro pola inclusión enche o Sexto Edificio do Museo
Por Redacción |
-
Inicio de curso nas Deporte Escolas provinciais
Por Redacción |
-
Moraña oferta oito modalidades nas súas escolas deportivas
Por Redacción |
-
As escolas deportivas provinciais ampliaranse a nenos e nenas maiores de 15 anos
Por Redacción |