As escolas deportivas provinciais ampliaranse a nenos e nenas maiores de 15 anos
Por Redacción
As 'DEPOrte Escolas', escolas deportivas que impulsa a Deputación de Pontevedra, ampliaranse o próximo curso para chegar a nenas e nenos maiores de 15 anos, idade máxima permitida ata agora.
Así o anunciou a presidenta provincial, Carmela Silva, na clausura de curso das escolas de patinaxe.
O pavillón da Cidade Infantil de Príncipe Felipe recibiu, en dúas quendas, preto de 900 menores de 34 escolas desta modalidade que se impulsaron na provincia, con alumnas e alumnos de municipios como Ribadumia, Campo Lameiro, Poio, Pontevedra, Vilagarcía, Vilanova ou Moraña.
"Sei que moitas nais e pais se preguntan que poden facer coas súas rapazas e rapaces cando fan os 15 anos e rematan as DEPOrte Escolas. Imos falar con todos os concellos da provincia para que poidamos estender as escolas deportivas da Deputación de Pontevedra máis alá dos 15 anos, porque isto non pode rematar", sinalou a dirixente provincial respecto diso, xa que ata o de agora as escolas acollían nenos e nenas de 5 a 15 anos.
Esta iniciativa de formación deportiva ofreceu este curso adestramentos de balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, marcha atlética, piragüismo e baloncesto.
Relacionadas:
-
As Escolas Deportivas de Moraña fomentan a inclusión das persoas con discapacidade
Por Redacción |
-
Inicio de curso nas Deporte Escolas provinciais
Por Redacción |
-
As Deporte Escolas da Deputación abren o seu período de inscrición
Por Redacción |
-
O PP aplaude que a Deputación amplíe a idade das escolas deportivas, pero ve "incoherencia" na decisión
Por Redacción |
-
Abre o prazo de inscrición para as 'DEPOrte Escolas' da Deputación
Por Redacción |