O Centro Carlos Oroza presenta candidatura ao distintivo 'Selo Vida Saudable' do Ministerio de Educación
Por Redacción
O Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza, que se atopa nas instalacións do Centro Príncipe Felipe, quere poñer en valor o tratamento de residuos orgánicos que se deriva das súas cociñas a través da compostaxe e a aplicación do compost para a produción de novos alimentos na horta e no invernadoiro, que xestionan os estudantes.
Por este motivo, o centro presentará a súa candidatura para optar ao distintivo 'Selo Vida Saudable', que concede o Ministerio de Educación presentando esta iniciativa que desenvolve a través do Plan Revitaliza da Deputación. Esta marca de calidade destínase a premiar propostas que dan importancia a preservar o medio ambiente.
A escola de hostalería atópase tamén pendente da resolución do premio no Concurso Estatal 'Boas Prácticas' no que participan centros docentes e que outorga a administración central a proxectos educativos que contribúen á mellora da calidade educativa como, neste caso, a xestión ambiental e sustentable.
A horta ecolóxica fertilizada co compost que se produce dos residuos do propio centro comeza a dar os seus primeiros froitos. Recolléronse xa tomates, xudías, pementos, acelgas, cogombros, frambuesas e fisais. Durante o inverno, a produción foi de repolos, cenorias, rabaniños, apio, allos, allos porros e grelos, entre outros alimentos agrícolas. Estes produtos sérvense despois no restaurante do centro e na cafetería, abertos a todo o público.
Relacionadas:
-
RADIO.- As receitas das avoas pasarán a ser materia curricular do CIFP Carlos Oroza
Por Marisa Ciordia |
-
Nova inxección económica da Deputación aos concellos máis avanzados na compostaxe
Por Oskar Viéitez |
-
Aprendendo a compostar desde cativos
Por Redacción |
-
O alumnado do Carlos Oroza profunda na súa formación sobre a compostaxe
Por Redacción |
-
O Carlos Oroza logra a maior colleita da súa horta escolar e atribúeo ao plan de compostaxe
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O compost é un ingrediente máis na cociña do Carlos Oroza
Por Noticia patrocinada |