300 familias pontevedresas sumáronse xa ao programa Apego
Por Diego Espiño
Catro anos leva en funcionamento o programa Apego no Concello de Pontevedra, un tempo no que logrou chegar a 300 familias do municipio.
Esa cifra redonda é a que representan Antía Pereira e Alexandre Novoa, futuros pais que foron recibidos este martes polo concelleiro de Normalización Lingüistica, Alberto Oubiña.
Apego está pensado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial na familia, creando ademais un contexto social en galego para que os pequenos crezan descubrindo a vida a través do idioma de forma natural e sen ningún tipo de complexos.
"Parte da necesidade de educar aos nenos e nenas dende o berce", explica Oubiña, xa que eles "son o futuro do pañis e o futuro da lingua".
Durante o mes de maio foron 11 as novas familias que se sumaron ao proxecto, familias que ao longo destes anos teñen un perfil moi diferentes, desde núcleos familiares 'galego-falantes' a outros chegados desde fóra da comunidade ou pais que non falan con fluidez o idioma "pero din que non queren que os fillos teñan o mesmo problema", sinalou o edil.
Ademais de ofrecer ferramentas e material educativo aos pais, Apego ofrece ao longo do ano diversas actividades pensadas para as familias, sempre tendo que conta que "criar a un fillo ou filla non é só cuestión dos pais e nais, é unha cuestión social", defendeu Alberto Oubiña.
Relacionadas:
-
As 342 familias inscritas no programa Apego xa poden solicitar actividades
Por Redacción |
-
O programa Apego retoma actividades adiadas pola pandemia e aposta por actos ao aire libre
Por Redacción |
-
Apegados á lingua galega tamén na primavera
Por Redacción |
-
Corenta actividades para un novo Maio Mes da Lingua
Por Redacción |
-
Contos en familia para bebés no Salón do Libro
Por Redacción |
-
Con decembro volven os obradoiros de Apego para axudar á comunicación en lingua galega entre familias
Por Redacción |
-
'Apego', 'A Galipedia' e dous profesores, gañadores dos premios Xoan Manuel Pintos
Por David Arana |
-
Xornada de 'Apego' en familia na Illa das Esculturas
Por Redacción |